RCD / NOVAS

Brexo Lema ou Bergantiños será o primeiro rival do Deportivo ABANCA na Copa Deputación

18/07/2018 19:57

Hoxe mércores tivo lugar o sorteo da terceira edición da Copa Feminina Deputación da Coruña, na que participará o Deportivo ABANCA, campión das dúas edicións anteriores.

O primeiro rival do conxunto deportivista, o 5 de agosto en oitavos de final, sairá do vencedor da eliminatoria previa que o próximo 29 de xullo enfronte ao Brexo Lema e ao Bergantiños.

As eliminatorias serán a partido único e xogaranse no campo do equipo de menor categoría ou, no caso de ser da mesma, segundo ditamine o sorteo.

As datas de competición para o Deportivo ABANCA son as seguintes:

Oitavos de final: Domingo 5 de agosto
Cuartos de final: Domingo 12 de agosto
Semifinal: Domingo 19 de agosto
Final: 22, 25 ou 26 de agosto, segundo ditamine a Federación Galega de Fútbol.

Partidos confirmados da pretemporada do Deportivo ABANCA:

Sábado 4 de agosto, campo de La Eragudina (Astorga), h.s.c.: Deportivo ABANCA - EDF Logroño
Domingo 5 de agosto: Brexo Lema ou Bergantiños - Deportivo ABANCA
Sábado 18 de agosto, Ponte dos Brozos (Arteixo), 16:00 h: Deportivo ABANCA - Sporting Braga