RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Brillante arranque do Infantil A en Arnedo, nunha nova fin de semana de torneos e amigables en #ANOSACANTEIRA

Un total de 7 equipos de #ANOSACANTEIRA teñen cita amigable desde hoxe venres: Deportivo ABANCA B, Infantil A (Arnedo, A Rioxa), un equipo infantil (Redon, Francia), Alevín A (Narón), Alevín B (Lagesteinbach, Alemaña), e Benxamín A e B (Silleda).

O primeiro en entrar en xogo foi o Infantil A, que na 25ª edición do Torneo Internacional Arnedo Ciudad del Calzado, protagonizou hoxe venres unha gran primeira xornada: empate ante o Manchester City (0-0) e vitoria ante o FC Barcelona (1-0).

Con estes resultados, o conxunto que prepara Darío Cotelo clasificouse para os cuartos de final, mañá sábado ante o Inter de Milán.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina

DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA CF, o domingo 8 de setembro ás 18:00 en Abegondo

Categoría infantil

25ª edición do Torneo Internacional Arnedo Cidade do Calzado

Primeira Fase, no campo de Sendero
Venres 6 de setembro
INFANTIL A 0 - MANCHESTER CITY 0
EF ARNEDO 1 - INFANTIL A 1 (Luis)
FC BARCELONA 0 - INFANTIL A 1 (Ayana)
Sábado 7 de setembro
Cuartos de final
10:30: INFANTIL A - INTER DE MILAN

5ª edición da Rothon Cup en Redon (Francia), no Estadio Municipal
Primeira Fase
Sábado 7 de setembro
09:00: STADE LAVALLOIS - DEPORTIVO
10:12: DEPORTIVO - AS NANCY
11:42: OGC NICE - DEPORTIVO
15:34: DEPORTIVO - EQUIPO CAMPIÓN FASE PREVIA
17:40: DEPORTIVO - EA GUINGAMP
Domingo 8 de setembro
09:00: LORIENT FC - DEPORTIVO
10:12: FC NANTES - DEPORTIVO
11:05: DEPORTIVO - STADE DE REIMS
Segundo clasificación, os equipos accederán a unha segunda fase, que arrinca ás 13:00 horas

Categoría alevín

6ª edición do Torneo Internacional Cidade de Narón 'NarónFreixo' 2019, no Estadio Municipal de Río Seco (Narón)
Sábado 7 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
09:50: SDCR NARÓN O FREIXO A - ALEVÍN A
11:30: ALEVÍN A - CD QUIRINAL
13:10: ALEVÍN A - EF LUÍS CALVO
14:50: ALEVÍN A - CD CONXO SANTIAGO
Os 2 primeiros de grupo xogan polo título a partir das 18:10; mentres que o resto de equipos, a partir das 17:20, xogará unha Fase de Consolación para ditaminar a posición final.

1ª edición da André Schürrle Champions Trophy en Lagesteinbach (Alemaña)
Sábado 7 de setembro
Primeira Fase
08:48: ALEVÍN B - AZ ALKMAAR
09:42: ALEVÍN B - FT FORCHHEIM
10:18: ALEVÍN B - KICKERS PFORZHEIM
O primeiro e segundo clasificado acceden a unha Fase Champions; o terceiro a unha Fase de Prata; e o cuarto a unha Fase de Bronce, todo iso a continuación.

Categoría benxamín

7ª edición do Torneo EF Silleda 'Memorial Ramón Barcala', no Campo Municipal do Outeiriño (Silleda) en categoría alevín
Domingo 8 de setembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN A - ATLÉTICO FÁTIMA A (campo 1)
12:20: BENXAMÍN A - EF SILLEDA (campo 2)
13:40: CF CALDAS B - BENXAMÍN A (campo 2)
16:30: O PINO SD - BENXAMÍN A (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrincan ás 17:15; mentres que o terceiro xogará unha fase de consolación, ás 18:05.

7ª edición do Torneo EF Silleda 'Memorial Ramón Barcala', no Campo Municipal do Outeiriño (Silleda) en categoría benxamín
Sábado 7 de setembro
Primeira Fase
11:00: BENXAMÍN B - UD OURENSE (campo 1)
12:20: BENXAMÍN B - CF CALDAS A (campo 2)
13:40: CD CONXO SANTIAGO - BENXAMÍN B (campo 2)
16:30: EF BOQUEIXÓN - BENXAMÍN B (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que arrincan ás 17:15; mentres que o terceiro xogará unha fase de consolación, ás 18:05.