RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Brillante medalla de prata do Cadete A San Tirso na Southampton Cup 2017

O Cadete A San Tirso logrou esta mañá unha brillante medalla de prata na Southampton Cup 2017.

Os deportivistas caeron (2-1) nunha rifada final ante o FC Porto, despois de realizar un gran torneo. Chucas foi o autor do único tanto deportivista no partido definitivo.

Cadete A San Tirso: Brais, Trilli, Dani Barcia, Iago, Mauro, Chucas, Antón, Jairo, Novoa, Noel e Padín. Tamén xogaron: Ríos, Pablo, Fran, Jorge, Iago, Braojos, Fika e Víctor.

Os resultados do Cadete A en esta competición foron os seguintes:

Primeira Fase
Domingo 6 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 5 (Padín, Novoa -2-, Dani e Fran) - ALDERSHOT TOWN FC 0

Luns 7 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 0 - UNIÃO FC 0

Martes 8 de agosto
CADETE A SAN TIRSO 6 (Dani Barcia, Trilli, Novoa, Fran e Pablo -2-) - PLYMOUTH ARGYLE FC 1

Xoves 10 de agosto
Cuartos de final
ISLE OF MAN 0 - CADETE A SAN TIRSO 4 (Padín, Novoa -2- e Noel)

Semifinal
CHELSEA 0 - CADETE A SAN TIRSO 1 (Padín)

Sábado 12 de agosto
Final
FC PORTO 2- CADETE A SAN TIRSO 1 (Chucas)