RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Bruno Gama cre que 'aínda queda moito. Todo pode acontecer neste catorce xornadas'

O centrocampista do Dépor Bruno Gama, autor dun tanto de bela factura onte en Guadalaxara (o seu cuarto na liga), prefire ser cauto sobre a situación actual do Deportivo na táboa, líder e con nove puntos de diferenza sobre o terceiro:

Opina que o de onte "era un equipo importante, a afección estivo connosco e estamos contentos por lograr o triunfo".
 
A piques de superar a súa mellor marca goleadora na súa carreira, Bruno cre que "estou no meu mellor momento. As cousas están a saírme ben á miña e ao equipo".
 
Iso si, o portugués é ambicioso: "Todos os días teño que traballar para ser mellor".