RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Bruno Gama pide afrontar os próximos partidos ''con moitas ganas, optimismo e ilusión''

Bruno Gama foi o protagonista hoxe o meuércoles na sala de prensa de Abegondo. Ve "normal que a xente non esté contenta, como nós. Sabemos que todos os partidos son importantes pero ese con o Celta sempre é especial. Perdémolo e por iso

En canto ao seu rendemento persoal, asegura que "traballo diariamente para mellorar cada día, para ser mellor, e iso é o que vou seguir facendo".

Cre Bruno Gama que para solucionar os erros cometidos "hai que seguir mellorando, traballando diariamente, corrixir eses erros. No fútbol sempre os vai a haber, pero hai que tentar corrixilos para chegar a unha liña boa".

Na súa opinión, #ONosoDerbi "ata o 2-1 foi equilibrado. Estabamos ben. Terminamos moi ben a primeira metade. Despois do 2-1 nos desorganizamos un pouco e ao final o resultado non é o que pasou no campo".

Asegura que os futbolistas branquiazuis "teñen ganas de cambiar a situación", xa empezando polo partido deste luns 31 de outubro en Riazor ante a Valencia CF (20.45, Bein Sports).

Sostén en canto á traxectoria ligueira do Dépor neste primeiro tramo que "tivemos partidos bos que saímos contentos, outros non tan bos. A liña xeral creo que podiamos facelo un pouco mellor. Nos últimos partidos encaixamos bastantes goles, e o derbi márcache un pouco. Agora hai que afrontar o futuro para cambialo, para mellorar e para gañar os partidos, que é o que che fai feliz".

O atacante deportivista subliña que o vestiario trata de estar "tranquilo, facer o noso traballo e cando chegue o partido dalo todo para gañar, para estar máis contentos nós, a afección".

Do calendario vindeiro (Valencia e Sevilla en Riazor e entre medias, visita a Granada), di Bruno Gama que "hai que xogar contra todos. Todos os partidos son moi complicados, con equipos de moito nivel. Hai que afrontalos con moitas ganas, con optimismo, con ilusión e ir a por eles".

Sobre a Valencia, opina Bruno Gama que "ao principio non estaba tan ben. Agora mellorou bastante, está ben. Ten xogadores de moita calidade. Están en crecemento. Pero nós en casa temos que ir a por o partido".