RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ENTRADAS

Buckinham Palace cubriuse de branquiazul

A pesar de que a prensa inglesa non se fai demasiado eco da presenza do Deportivo, non así as televisións de todo o mundo que recollen a información do club, o cambio da garda en Buckinham Palace do 1 de Marzo tivo unha cor distinta ao habitual. A presenz

Os policías británicos víronse desbordados pola avalancha de xornalistas e turistas ávidos de fotografar non á garda real senón aos futbolistas que mañá xogarán co Arsenal o partido de ida de oitavos de final da Uefa en Highbury. Algúns deportivistas preferiron aproveitar a mañá para ir de compras, como Fernando e Kouba, mentres que Flavio, Turu, Djalma e Mauro preferiron pasear. Naybet e Songoo recibiron a visita de amigos e familiares polo que tampouco acudiron ao tour guiado. Víctor manifestouse ilusionado por xogar en Inglaterra, "onde nunca xogara e onde esperamos obter un resultado favorable". Tamén Irureta e outros membros da platilla manifestaron a súa intención de obter un resultado positivo.

Angel Rubio, gañador do premio do Deportivo en Xogo, que viaxa co equipo, aproveitou para sacarse fotos cos deportivistas, do mesmo xeito que o resto dos turistas. Ao longo da mañá o frío foi en aumento polo que os excursionistas retiráronse ao hotel para comer.

Esta tarde, adestramento a partir do sete en Highbury para habituarse ao terreo de xogo onde mañá, ao nove hora española, comezará o partido. Tamén esta tarde adestra o Arsenal, e tras a súa sesión preparatoria haberá rolda de prensa.

Canaldeportivo seguira informando desde Londres.