RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cabreiroá reforza o seu apoio a #AsNosas

Cabreiroá, división de augas de Hijos de Rivera, patrocinador do Real Club Deportivo, reforza desde esta temporada o seu apoio ao Club ampliando a súa colaboración cos equipos femininos.

As xogadoras do Dépor Abanca e o seu filial, locen, desde esta temporada, o logotipo de Cabreiroá nos seus equipamentos de paseo, adestramento e xogo, neste último caso, nas costas baixo o dorsal de cada xogadora.

Esta é unha das novidades no contrato de patrocinio de Hijos de Rivera ao Deportivo a través de Estrella Galicia e Cabreiroá presentado o pasado 16 de maio para o tres próximas temporadas. A marca do manancial ourensán estará por tanto, un ano máis, presente en todos os equipamentos das categorías de formación do Club, do Benxamín B ao Xuvenil A e agora tamén nos equipos femininos, todo iso avala a liña de traballo de Cabreiroá no campo da hidratación no ámbito deportivo.

Ademais do abastecemento de auga de Cabreiroá a todos os equipos do Club, a marca nada en 1906 (como Estrella Galicia e o propio Dépor) tamén dá nome aos Dépor Campus Cabreiroá, unha cita formativa e de lecer que da man de Cabreiroá creceu de forma exponencial desde a chegada do actual consello de administración do RC Deportivo. Dun campus cunha única sede e menos dun centenar de nenos e nenas en 2013 pasáronse ás actuais 15 localizacións. Este verán estreáronse 6 sedes: Ourense, Cuntis, Dumbría, Boiro, Camargo (Cantabria) e Plasencia (Cáceres), que se suman ás xa existentes en Abegondo, Viveiro, Bertamiráns, Caranza, Monforte, As Pontes, Ordes, Zas e Xenebra (Suíza), coa participación de máis de 1.500 nenos e nenas.