RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cadete A e Alevín arrancan con triunfo unha fin de semana con competición en todas as categorías de #ANOSACANTEIRA

O inicio da segunda fase para o Xuvenil B e das competicións de fútbol oito para alevíns e benxamíns branquiazuis son o máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, nunha xornada que se abriu hoxe venres 16 en Abegondo con dous partidos e dous triunfos: o Cadete A ante o Ural Español CF (3-1) de División de Honra; e o Alevín de fútbol once fronte ao Imperátor OAR A, sendo este último o equipo local (0-14), na Primeira Autonómica A Coruña.

O Xuvenil B arranca o Grupo de Ascenso como campión do subgrupo A da Primeira Fase da Liga Nacional. O formato de competición será agora de liga a unha volta na que os dous primeiros ascenderán á División de Honra.

Os rivais do conxunto que preparan Alejandro Antón e Aldo Duscher serán os cinco primeiros clasificados do subgrupo B: Arosa SC, RC Celta B, Coruxo FC, CD Areosa, Alondras CF e ED Val Miñor B. O primeiro partido será este sábado 17 de abril ás 12:00 fronte ao ED Val Miñor B.

Tamén inician a competición de fútbol oito os alevíns e benxamíns do club. Todos eles tiveron descanso na primeira xornada dos seus respectivos grupos da Primeira Autonómica A Coruña. O formato de competición será de liga a dobre volta.

En canto ás demais categorías, un Fabril sen marxe de erro recibe en Abegondo ao Rápido de Bouzas o domingo 18 ás 12:00.

Haberá unha representación de #ANOSAFORZA na bancada, lembrando que antes de desprazarse á Cidade Deportiva, os afeccionados deben comprobar se poden viaxar até as instalacións desde os seus lugares de residencia.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado para poder ter a todos os afeccionados localizados en caso de rastrexo por COVID-19.

Por protocolo sanitario cada asistente deberá pasar un control de temperatura, hixienizar as súas mans, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada no punto de control de accesos (estará identificada cun adhesivo verde de ASENTO DISPOÑIBLE) e permanecer na devandita localidade sentado até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños. Non haberá servizo de bar nin está permitido introducir e consumir alimentos ao interior da Cidade Deportiva), respectando en todo momento a distancia de seguridade de 1,5 metros nos controis de acceso e durante a permanencia no interior da instalación.

Tamén compiten en Abegondo ademais do citado Xuvenil B, o Infantil A mañá sábado (10:15 ante o Victoria CF); e o Xuvenil A o domingo (11:30 ante o Bansander). E lonxe da Cidade Deportiva, o Deportivo ABANCA B visita ao CDE Racing Féminas (domingo ás 12:00 en Santander); o Cadete B ao SCD Milagrosa (domingo ás 12:00 en Lugo); e Infantil B ao CD Calasanz B (mañá sábado ás 19:30 na Leyma).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
3ª xornada: FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 18 de abril ás 16:15 en Abegondo
Clasificación do grupo play off de ascenso: ... 2. CD Estradense e CD Choco, 37 puntos; 4. Fabril, 32 puntos; 5. Rápido de Bouzas (un partido menos), 31 puntos; 6. Silva SD, 30 puntos...

Categoría feminina
2ª xornada: CDE RACING FÉMINAS - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 18 de abril ás 12:00 no Municipal de Santa Ana (Santander)
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: 1. Victoria CF e Viajes InterRías FF, 40 puntos (coeficiente 2,35); 3. Oviedo Moderno CF B, 36 puntos (coeficiente 2,4); 4. Deportivo ABANCA B (coeficiente 1,94) e Gijón FF (coeficiente 2,20), 33 puntos; 6. CDE Racing Féminas, 25 puntos (coeficiente 1,66)

Categoría xuvenil
2ª xornada: XUVENIL A - BANSANDER, o domingo 18 de abril ás 11:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A e RC Celta, 46 puntos; 3. Sporting de Gijón e Real Racing Club, 39 puntos...

Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso, 1ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR B, o sábado 17 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
5ª xornada: CADETE A 3 (Carreira, Álex Delgado e Ogando) - URAL ESPAÑOL CF 1
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A (un partido máis),. 12 puntos; 2. Ural Español CF (un partido máis), 6 puntos; 3. Victoria CF, 4 puntos...

5ª xornada: SCD MILAGROSA - CADETE B, o domingo 18 de abril ás 12:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A norte: 1. Viveiro CF (un partido máis), 9 puntos; 2. Cadete B e CD Lugo B, 6 puntos; 4. SCD Milagrosa, 3 puntos...

Categoría infantil
5ª xornada: INFANTIL A - VICTORIA CF, o sábado 17 de abril ás 10:15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A e Victoria CF, 9 puntos; 3. Ural Español CF e Atlético Coruña Montañeros CF A (un partido máis), 3 puntos...

Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 2ª xornada: CD CALASANZ B - INFANTIL B, o sábado 17 de abril ás 19:30 no campo da Leyma (A Coruña)

Categoría alevín
Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A, 2ª xornada: IMPERÁTOR OAR A 0 - ALEVÍN 14 (Paulo -5-, Alberto -3-, Joaquín -3-, Ander, Íker e Sergio)

Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 1ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN A - ALEVÍN A, o sábado 17 de abril ás 11:00 na Torre (campo 2.1)

Primeira Autonómica A Coruña, grupo B, 1ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - IMPERÁTOR OAR C, o sábado 17 de abril ás 12:30 naTorre (campo 2.1)

Categoría benxamín
Primeira Autonómica A Coruña, grupo A, 2ª xornada: BENXAMÍN A - CD CALASANZ C, o sábado 17 de abril ás 11:00 na Torre (campo 1.1)

Primeira Autonómica A Coruña, grupo C, 2ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN A - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 17 de abril ás 12:30 na Torre (campo 1.2)