RCD / NOVAS

Cadete A-Victoria A mañá venres, segundo partido adiantado en #ANOSACANTEIRA

07/03/2019 16:20

A xornada ligueira en #ANOSACANTEIRA iniciouse onte mércores 6 de marzo en Abegondo, co partido entre o Alevín A e o Galicia de Caranza (11-0), correspondente á 4ª xornada do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

O outro partido adiantado ao fin de semana nas categorías inferiores branquiazuis será mañá venres 8 de marzo (19:15 horas), tamén na Cidade Deportiva, con entrada gratuíta para os afeccionados. O Cadete A mídese ao Victoria CF A, en partido da 25ª xornada na División de Honra.

Xogan o sábado 9 de marzo en Abegondo o Xuvenil A (17:00 horas), Xuvenil B (16:15) e o gran partido da fin de semana: na Fase polo Título da Liga Galega enfróntanse o Infantil A (líder con 21 puntos) e o segundo clasificado, o Bertamiráns FC (17 puntos), ás 11:30 horas (campo 5). Para o domingo 10 queda o Infantil B - Oza Juvenil SD (11:30).

Nos 3 primeiros partidos, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva; e o público paga 3 euros.

Por outra banda, en Segunda División B, o Fabril repite partido lonxe de Abegondo. Este domingo (12:00 horas) visita a difícil cancha da UD San Sebastián de los Reyes.

Do mesmo xeito que o filial deportivista, compiten lonxe da Cidade Deportiva o Deportivo ABANCA B (domingo ás 17:00 en Lugo) e Cadete B (sábado 9 de marzo ás 12:30 en Lalín).

Finalmente, o partido do Alevín B ante o CD Calasanz C, correspondente á 4ª xornada na Segunda Fase Comarcal, xogarase o venres 15 (20:00 horas, San Pedro de Visma), debido á participación esta fin de semana do conxunto deportivista na 20ª edición do Memorial Mateo David Bautista, na localidade malagueña de Nerja.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
28ª xornada: UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES - FABRIL, o domingo 10 de marzo ás 12:00 no Estadio Municipal Matapiñonera
Clasificación: ... 15. Burgos CF, AD Unión Adarve e Las Palmas Atlético, 29 puntos; 18. Rápido de Bouzas, 22 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 21 puntos; 20. Fabril, 18 puntos

Categoría feminina
23ª xornada: SCD MILAGROSA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 10 de marzo ás 17:00 no campo Luis López Gorgoso (Lugo)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 62 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 58 puntos...

Categoría xuvenil
26ª xornada: XUVENIL A - ALONDRAS CF, o sábado 9 de marzo ás 17:00 en Abegondo (campo principal)
Clasificación da División de Honra: ... 4. CD Lugo e Ural CF, 44 puntos; 6. Real Oviedo, 42 puntos; 7. Xuvenil A, 41 puntos; 8. Atlético Perines e Bansander, 33 puntos...

25ª xornada: XUVENIL B - VICTORIA CF A, o sábado 9 de marzo ás 16:15 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 48 puntos; 4. Xuvenil B, 45 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 43 puntos...

Categoría cadete
25ª xornada: CADETE A - VICTORIA CF A, mañá venres 8 de marzo ás 19:15 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 66 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 59 puntos; 3. Ural CF, 51 puntos...

25ª xornada: EF LALÍN - CADETE B, o sábado 9 de marzo ás 12:30 no Anexo ao Manuel Anxo Cortizo (Lalín)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 3. Racing Villalbés, 46 puntos; 4. Cadete B, 44 puntos; 5. Galicia de Caranza e CF Dumbría, 39 puntos...

Categoría infantil
8ª xornada: INFANTIL A - BERTAMIRÁNS FC, o sábado 9 de marzo ás 11:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 21 puntos; 2. Bertamiráns FC, 17 puntos...

27ª xornada: INFANTIL B - OZA JUVENIL SD, o domingo 10 de marzo ás 11:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 75 puntos; 2. Ural CF B, 68 puntos...

Categoría alevín
4ª xornada: ALEVÍN A 11 (Bruno -2-, Jorge, Erick -2-, Murilo, Daniel, David, Marcos, Raúl e Rubén) - GALICIA DE CARANZA 0
Clasificación do Torneo Luis Calvo, grupo norte: 1. Alevín A (un partido máis), 12 puntos; 2. Victoria CF A e CD Calasanz A, 9 puntos; 4. SD Residencia A e Ural CF A, 6 puntos...

4ª xornada: CD CALASANZ C - ALEVÍN B, o venres 15 de marzo ás 20:00 horas en San Pedro de Visma 1
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, Ural CF C e CD Calasanz C, 9 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF C, 6 puntos...

Categoría benxamín
15ª xornada: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 9 de marzo ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. CD Calasanz A, 34 puntos; 3. Victoria CF A, 33 puntos...

4ª xornada: GALICIA GAITEIRA - BENXAMÍN B, o sábado 9 de marzo ás 18:00 na Torre (campo 4)
Clasificación da Segunda Fase Grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, Compañía de María A, ED Luis Calvo C e CD Calasanz B, 9 puntos; 5. Santa María del Mar A, 7 puntos...