RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Cadete B, mañá xoves, e Infantil A, o venres, adiantan os seus partidos ligueiros

Cadete B e Infantil A disputan os seus partidos de liga antes da fin de semana e, por conseguinte, abren o calendario de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves 4, o Cadete B, que pelexa pola 3ª praza do grupo norte da Liga Galega, recibe en Abegondo ao San Tirso SD B. A entrada será gratuíta para os afeccionados.

E o venres 5, o Infantil A, líder da Fase polo Título da Liga Galega, visita ao CD Lugo (16:45 no campo da Fonte).

En Abegondo, o domingo 7 (11:00 horas), o Xuvenil A pon o punto e final á temporada no grupo 1º da División de Honra ante o Pontevedra CF. Os deportivistas buscan a 4ª praza. Para iso necesitan vencer o seu partido e que o Ural CF, agora 4º con 1 punto máis na táboa, non gañe na súa visita ao CD Covadonga. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros.

O sábado 6, tamén en Abegondo e con entrada gratuíta, o Alevín A vese as caras (12:30) co Victoria CF A na loita polo liderado do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11. Só o campión de grupo disputará a gran final en maio co campión do grupo sur. O líder é o Victoria con 21 puntos, por 19 puntos do Alevín A.

Os demais equipos compiten lonxe da Cidade Deportiva; un deles o domingo 7, o Fabril nas Palmas (11:00, 12:00 na Península), coa necesidade imperiosa de gañar.

O resto competirá o sábado 6: o Xuvenil B e Cadete A en Pontevedra (12:00 e 16:00 horas) ante CD Lérez e Pontevedra CF respectivamente; e o Infantil B en Carballo (18:30 horas).

Finalmente, o Deportivo ABANCA B, líder da Primeira Autonómica Feminina, cumpre a súa segunda semana de parón. Retomará a competición o domingo 14 de abril en Abegondo ante o Victoria CF B.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
32ª xornada: LAS PALMAS ATLÉTICO - FABRIL, o domingo 7 de abril ás 11:00 (12:00 na Península) no Anexo ao Estadio Gran Canaria
Clasificación: ... 15. Burgos CF, 36 puntos; 16. Las Palmas Atlético, 34 puntos; 17. Rápido de Bouzas, 31 puntos; 18. AD Unión Adarve, 30 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 24 puntos; 20. Fabril, 19 puntos

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 71 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 67 puntos...

Categoría xuvenil
30ª xornada, última: XUVENIL A - PONTEVEDRA CF, o domingo 7 de abril ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 3. Real Racing Club, 62 puntos; 4. Ural CF, 51 puntos; 5. Xuvenil A, 50 puntos; 6. Real Oviedo, 49 puntos; 7. CD Lugo, 47 puntos...

29ª xornada: CD LÉREZ - XUVENIL B, o sábado 6 de abril ás 12:00 na Xunqueira 2 (Pontevedra)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 53 puntos; 4. CD Conxo Santiago e Xuvenil B, 52 puntos, 6. CD Choco, 45 puntos...

Categoría cadete
29ª xornada: PONTEVEDRA CF - CADETE A, o sábado 6 de abril ás 16:00 na Xunqueira 2 (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 78 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 68 puntos; 3. Ural CF, 57 puntos...

29ª xornada: CADETE B - SAN TIRSO SD B, mañá xoves 4 de abril ás 19:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. Xuventude de Oroso, 70 puntos; 3. Cadete B, 56 puntos; 4. Racing Villalbés e Galicia de Caranza, 51 puntos...

Categoría infantil
12ª xornada: CD LUGO - INFANTIL A, o venres 5 de abril ás 16:45 na Fonte (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 33 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos...

32ª xornada: BERGANTIÑOS CF B - INFANTIL B, o sábado 6 de abril ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 83 puntos; 2. Ural CF B, 78 puntos...

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado luns: ALEVÍN A 6 (Rubén -2-, Íker Gil, Xenxo, Daniel e Jairo) - SAN TIRSO SD B (infantil) 6

8ª xornada: ALEVÍN A - VICTORIA CF A, o sábado 6 de abril ás 12:30 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Victoria CF A, 21 puntos; 2. Alevín A, 19 puntos; 3. Ural CF A, 18 puntos; 4. CD Calasanz A, 16 puntos...

7ª xornada: ALEVÍN B - ORILLAMAR SD B, o sábado 6 de abril ás 10:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Alevín B, 18 puntos; 2. Ural CF C e Atlético Coruña Montañeros CF C, 15 puntos; 4. Victoria CF C, 13 puntos...

Categoría benxamín
19ª xornada: SPORTING CORUÑÉS A - BENXAMÍN A, o sábado 6 de abril ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 48 puntos; 2. CD Calasanz A, 46 puntos; 3. Victoria CF A, 42 puntos...

8ª xornada: BENXAMÍN B - COMPAÑÍA DE MARÍA A, o sábado 6 de abril ás 16:00 na Torre (campo 4)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 21 puntos; 2. Ural CF B, 16 puntos...