RCD / NOVAS

Calasanz C e Deportivo, campións do Trofeo Mini Teresa Herrera

O Calasanz C en categoría alevín e o Dépor en benjamín proclamáronse campións do Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxas finais se xogaron no Estadio de Riazor xusto antes do partido entre o Deportivo e o Real Madrid.  

29/08/2013 22:06

O Calasanz impúxose ao Imperator C na quenda de penaltis, tras chegar ao tempo regulamentario con igualada a 2 goles.

Pola súa banda, o Deportivo goleou ao Oza Xuvenil (11-0), nunha final menos igualada.