RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA

Unicamente 3 equipos de #ANOSACANTEIRA xogan esta fin de semana en Abegondo. O sábado 23 farano o Xuvenil A (17:00 horas) fronte ao Racing de Ferrol; e o Alevín A (11:00 horas) ante o Oza Juvenil SD A. Para o domingo queda o choque do Cadete B, que pelexa pola 3ª praza do grupo norte da Liga Galega. Os branquiazuis miden as súas forzas (11:30) co líder do grupo, o Bertamiráns FC.

Para o partido de xuvenís e cadetes, os socios teñen libre entrada á Cidade Deportiva. O público paga 3 euros.

Os demais equipos das categorías inferiores branquiazuis compiten fóra de Abegondo.

En Segunda División B, a Fabril visita ao Rápido de Bouzas (domingo 24 ás 17:00), un rival directo, co obxectivo de engancharse á loita pola permanencia.

O sábado xogan o Xuvenil B (16:00 na Grela 1 ante o CD Calasanz) e Cadete A (16:15 en Elviña fronte ao CD Calasanz), ademais dos dous equipos alevíns e os dous benxamíns.

Deportivo ABANCA B (16:00 en San Pedro de Visma 1 ante o CF Deportivo Orzán) e Infantil B (10:15 na Leyma ante o Ural CF B) disputan os seus choques ligueiros o domingo na Coruña. Neste último encontro enfróntanse o líder, Deportivo B (79 puntos) fronte ao segundo clasificado (77 puntos) nun encontro que pode decidir o campionato no grupo 1º da Primeira Autonómica.

O encontro en Abegondo da Fase polo Título da Liga Galega infantil entre o Deportivo e o Atlético Coruña Montañeros CF xogarase o luns 25 a partir das 19:00 horas, con entrada gratuíta para os afeccionados. Os branquiazuis lideran esta fase final practicamente desde a xornada 1.

Finalmente hoxe xoves, o Xuvenil B disputou un amigable de pompa, no campo principal de Abegondo ante o FC Porto. O triunfo foi deportivista (5-1), con tantos de Mario, Juanma, Roque, Do Carmo e Víctor Guerra.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
30ª xornada: RÁPIDO DE BOUZAS - FABRIL, o domingo 24 de marzo ás 17:00 no campo Baltasar Pujales (Vigo)
Clasificación: ... 15. Burgos CF, 33 puntos; 16. Las Palmas Atlético, 32 puntos; 17. AD Unión Adarve, 29 puntos; 18. Rápido de Bouzas, 25 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 24 puntos; 20. Fabril, 19 puntos

Categoría feminina
25ª xornada: CF DEPORTIVO ORZÁN - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 24 de marzo ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 68 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 64 puntos...

Categoría xuvenil
28ª xornada: XUVENIL A - RACING DE FERROL, o sábado 23 de marzo ás 17:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Real Racing Club, 56 puntos; 4. Ural CF, 48 puntos; 5. CD Lugo e Xuvenil A, 47 puntos; 7. Real Oviedo, 45 puntos...

Amigable: XUVENIL B 5 (Mario, Juanma, Roque, Do Carmo e Víctor Guerra) - FC PORTO 1
27ª xornada: CD CALASANZ - XUVENIL B, o sábado 23 de marzo ás 16:00 na Grela 1
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 57 puntos; 3. Victoria CF e Xuvenil B, 49 puntos; 5. CD Conxo Santiago, 46 puntos...

Categoría cadete
27ª xornada: CD CALASANZ - CADETE A, o sábado 23 de marzo ás 16:15 en Elviña Grande
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 72 puntos; 2. Cadete A (un partido menos), 65 puntos; 3. Ural CF, 54 puntos...

27ª xornada: CADETE B - BERTAMIRÁNS FC, o domingo 24 de marzo ás 11:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: ... 2. Xuventude de Oroso, 64 puntos; 3. Cadete B e Racing Villalbés, 50 puntos; 5. Galicia Caranza, 45 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: INFANTIL A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o luns 25 de marzo ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, Fase polo Título: 1. Infantil A, 27 puntos; 2. RC Celta e Pabellón Ourense, 22 puntos...

30ª xornada: URAL CF B - INFANTIL B, o domingo 24 de marzo ás 10:15 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 79 puntos; 2. Ural CF B, 77 puntos; 3. Sporting Cambre, 66 puntos...

Categoría alevín
6ª xornada: ALEVÍN A - OZA JUVENIL SD A, o sábado 23 de marzo ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, grupo norte: 1. Alevín A, Victoria CF A e CD Calasanz A, 15 puntos; 4. Ural CF A, 12 puntos; 5. CD Lugo A, 9 puntos...

5ª xornada: ALEVÍN B - SANTA MARÍA DEL MAR B, o sábado 23 de marzo ás 10:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Segunda Fase da Segunda Comarcal: 1. Ural CF B e Alevín B, 12 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF C e CD Calasanz C, 9 puntos; 5. Victoria CF C, 7 puntos...

Categoría benxamín
17ª xornada: BENXAMÍN A - ORILLAMAR SD A, o sábado 23 de marzo ás 10:30 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 42 puntos; 2. CD Calasanz A, 40 puntos; 3. Victoria CF A, 39 puntos...

6ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ C - BENXAMÍN B, o sábado 23 de marzo ás 12:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Segunda Fase grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 15 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz C, 13 puntos; 3. CD Calasanz B e Compañía de María A, 12 puntos...