RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con 3 partidos mañá sábado e 2 o domingo en Abegondo

O Alevín A protagonizou con triunfo os partidos adiantados en #ANOSACANTEIRA, cun encontro da Liga Comarcal xogado o pasado martes (1-4 en San Tirso), e outro do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 onte xoves (1-9 en Carballo).

A fin de semana sobresae en Abegondo a visita do líder do grupo 1º de Terceira División, a SD Compostela, ao Fabril. Será o domingo 16 ás 12:00, con entrada gratuíta para os socios deportivistas. A entrada de público custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Será o choque máis destacado dunha xornada con, ademais, 3 partidos na Cidade Deportiva, todos eles mañá sábado: Xuvenil B (16:30 ante Rápido de Bouzas), Cadete A (12:30 fronte ao Coruxo FC) e Infantil A (12:30 ante o Pabellón Ourense CF).

Compiten lonxe de Abegondo o Xuvenil A (sábado ás 16:30 en Mareo ante o Sporting), Cadete B (domingo ás 12:00 en Conxo) e Infantil B (domingo ás 10:00 en Carballo).

Finalmente, ten descanso o Deportivo ABANCA B, que retoma a liga no grupo 1º de Primeira Nacional o primeiro domingo de marzo.

O calendario semanal de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
24ª xornada: FABRIL - SD COMPOSTELA, o domingo 16 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 4. CD Barco, 40 puntos; 5. CSD Arzúa, 37 puntos; 6. UD Ourense, 35 puntos; 7. Fabril e CD Choco, 34 puntos; 9. CD Estradense, 31 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 41 puntos; 3. Victoria FC e Oviedo Moderno CF B, 34 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 33 puntos; 6. CD Valladares, 32 puntos; 7. Sporting de Gijón B, 27 puntos...

Categoría xuvenil
22ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o sábado 15 de febreiro ás 16:30 en Mareo
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 53 puntos; 3. Xuvenil A, 38 puntos; 4. Real Racing Club e Bansander, 37 puntos; 6. Real Oviedo, 33 puntos...

22ª xornada: XUVENIL B - RÁPIDO DE BOUZAS, o sábado 15 de febreiro ás 16:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 58 puntos; 2. Xuvenil B, 46 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 42 puntos...

Categoría cadete
22ª xornada: CADETE A - CORUXO FC, o sábado 15 de febreiro ás 12:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 63 puntos; 2. RC Celta, 58 puntos...

22ª xornada: CD CONXO SANTIAGO B - CADETE B, o domingo 16 de febreiro ás 12:00 no campo da Merced (Conxo, Santiago)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 52 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 49 puntos; 3. EFM Concello de Boiro e SD Compostela, 46 puntos...

Categoría infantil
5ª xornada: INFANTIL A - PABELLÓN OURENSE CF, o sábado 15 de febreiro ás 12:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Fase polo Título Galego: 1. RC Celta e Infantil A, 12 puntos; 3. CD Areosa, Bertamiráns FC e CD Lugo, 9 puntos...

23ª xornada: BERGANTIÑOS CF B - INFANTIL B, o domingo 16 de febreiro ás 10:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 60 puntos; 2. Ural CF B, 53 puntos...

Categoría alevín
11ª xornada, xogado o pasado martes: SAN TIRSO SD A 1 - ALEVÍN A 4 (David, Guillermo, Diego e Marcos)
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Alevín A (un partido máis), 30 puntos; 2. Victoria CF A, 24 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 23 puntos...

Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 2ª xornada, xogado onte xoves: ED LUIS CALVO SANZ A 1 - ALEVÍN A 9 (Anxo -3-, Janusz, Rubén, Pablo, Diego, Yago e Nico)
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 3ª xornada: ALEVÍN A - EF RACING DE FERROL A, o domingo 16 de febreiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)

10ª xornada: ALEVÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF C, o sábado 15 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B, 27 puntos; 2. Victoria CF C, 21 puntos...

Categoría benxamín
11ª xornada: BENXAMÍN A - OLÍMPICO CF A, o sábado 15 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Benxamín A, 30 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz A, 27 puntos...

10ª xornada: BENXAMÍN B - CD CALASANZ C, o sábado 15 de febreiro ás 16:00 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 27 puntos; 2. Victoria CF B, 20 puntos...