RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con 8 partidos mañá sábado

Sábado repleto de partidos para #ANOSACANTEIRA, cun total de 8 partidos con representación deportivista.

Deles, só un será en Abegondo, o do Xuvenil B ante o CD Calasanz (12:00 horas). Para este partido, do mesmo xeito que o do Cadete A do domingo (11:00 horas) tamén ante o club colexial, os socios teñen libre acceso. O público paga 3 euros.

Compiten lonxe da Cidade Deportiva o Xuvenil A (16:00 en Cangas); Cadete B (16:00 en Bertamiráns); e o partido estrela, a visita do Infantil A ao Bertamiráns FC (13:00), con ambos os equipos empatados a puntos á fronte do grupo norte da Liga Galega.

Tamén volven á competición os alevíns e benxamíns, con triplo enfrontamento na Torre ante o Ural CF.

Para o domingo, ademais do choque do Cadete A, queda a visita do Fabril ao Pontevedra CF (17:00 en Pasarón). O filial retomou o pulso á liga cun merecido triunfo a pasada fin de semana ante o Rápido de Bouzas. Os granates, sen abafos clasificatorios, si perseguirán o triunfo para levantarse á zona nobre.

Tamén xogan o Deportivo ABANCA B en Abegondo (12:30), con entrada libre para os afeccionados; e o Infantil B en San Tirso (12:00 horas).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
12ª xornada: PONTEVEDRA CF - FABRIL, o domingo 11 de novembro ás 17:00 en Pasarón
Clasificación: ... 14. Valladolid CF B e Unionistas de Salamanca CF, 11 puntos; 16. Burgos CF, 10 puntos; 17. CDA Navalcarnero e CF Salmantino, 9 puntos; 19. Fabril e Rápido de Bouzas, 7 puntos...

Categoría feminina
10ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CF DEPORTIVO ORZÁN, o domingo 11 de novembro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 27 puntos; 2. Viajes InterRías FF, 23 puntos...

Categoría xuvenil
11ª xornada: ALONDRAS CF - XUVENIL A, o sábado 10 de novembro ás 16:00 no campo do Morrazo (Cangas)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Sporting de Gijón e Oviedo, 21 puntos; 5. Real Racing Club, 19 puntos; 6. Xuvenil A, 17 puntos; 7. Ural CF, 16 puntos; 8. Deportivo Roces, 14 puntos...

10ª xornada: XUVENIL B - CD CALASANZ, o sábado 10 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Pabellón Ourense CF, RC Celta B e Victoria CF, 22 puntos; 4. Xuvenil B e CD Calasanz, 19 puntos; 6. CD Areosa e Racing Villalbés, 16 puntos...

Categoría cadete
10ª xornada: CADETE A - CD CALASANZ, o domingo 11 de novembro ás 11:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 25 puntos; 2. RC Celta, 21 puntos...

10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - CADETE B, o sábado 10 de novembro ás 16:00 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Bertamiráns FC, 25 puntos; 2. ED Xuventude de Oroso, Cadete B e CF Dumbría, 22 puntos, 5. Racing Villalbés, 21 puntos; 6. Galicia Caranza, 19 puntos...

Categoría infantil
10ª xornada: BERTAMIRÁNS FC - INFANTIL A, o sábado 10 de novembro ás 13:00 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A e Bertamiráns FC, 27 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF, 21 puntos...

12ª xornada: SAN TIRSO SD B - INFANTIL B, o domingo 11 de novembro ás 12:00 no campo do Monte (San Tirso)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 33 puntos; 2. Ural CF B, 28 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ALEVÍN A - VICTORIA CF A, o sábado 10 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A e Ural CF A, 12 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 9 puntos...

3ª xornada: URAL CF C - ALEVÍN B, o sábado 10 de novembro ás 11:00 na Torre (campo 2.1)

Categoría benxamín
3ª xornada: BENXAMÍN A - URAL CF A, o sábado 10 de novembro ás 13:00 na Torre (campo 1.1)

3ª xornada: BENXAMÍN B - URAL CF C, o sábado 10 de novembro ás 11:00 na Torre (campo 4)