RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con só un partido, o do Fabril, mañá sábado en Abegondo

Mañá sábado 11 de maio só un equipo de #ANOSACANTEIRA ten partido ligueiro. O Fabril disputa ante o CDA Navalcarnero o último encontro desta temporada na Cidade Deportiva, a partir das 17:00.

Os socios teñen libre acceso; e para o público, a entrada custa 10 euros.

Como é habitual nos partidos de casa, Luisito, técnico fabrilista, citou a todo o seu cadro. Iso si, o dianteiro uruguaio May, lesionado, será a única baixa.

A fin de semana destaca o partido do Deportivo ABANCA B, que se xoga o título en Vigo (campo das Relfas) fronte ao Sárdoma CF B, o domingo 12 de maio ás 18:00 horas na última xornada de liga na Primeira Autonómica. As deportivistas avantaxan en 1 punto ao Viaxes InterRías FF, que recibe á mesma hora no seu campo ao CP Alertanavia.

Tamén o domingo compiten lonxe de Abegondo o Xuvenil B, coa 3ª praza en xogo da liga Nacional; e o Cadete A, subcampión xa da División de Honra. Ambos os choques serán no Municipal santiagués de Santa Isabel (12:00 e 10:00 horas respectivamente) fronte ao CD Conxo Santiago.

Por outra banda, dous equipos adiantaron a onte xoves 9 de maio os seus partidos ligueiros.

O Cadete B freou (4-2) na Cidade Deportiva ao ED Xuventude de Oroso, subcampión de liga a falta de 1 xornada. O conxunto deportivista tamén ten amarrada desde hai varias semanas a medalla de bronce no grupo norte da liga Galega.

E a escasos quilómetros, no campo de O Monte de San Tirso, o Alevín A impúxose ao San Tirso SD (7-1) na penúltima xornada do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

Finalmente, o partido do Benxamín B correspondente á 13ª xornada na Segunda Fase grupo 1º A Coruña xogarase o mércores 15 de maio en Santa María del Mar debido á participación do equipo branquiazul esta fin de semana na Kempen Cup de Alemaña.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
37ª xornada: FABRIL - CDA NAVALCARNERO, o sábado 11 de maio ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 18. AD Unión Adarve, 36 puntos; 19. CDA Navalcarnero, 25 puntos; 20. Fabril, 21 puntos

Categoría feminina
30ª xornada, última: SÁRDOMA CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de maio ás 18:00 nas Relfas (Vigo)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Deportivo ABANCA B, 80 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 79 puntos; 3. Umia CF, 68 puntos...

Categoría xuvenil
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - XUVENIL B, o domingo 12 de maio ás 12:00 no Municipal de Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da liga Nacional: ... 2. CD Calasanz, 71 puntos; 3. Xuvenil B, 64 puntos; 4. CD Conxo Santiago, 62 puntos; 5. Victoria CF, 57 puntos...

Categoría cadete
33ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - CADETE A, o domingo 12 de maio ás 10:00 no Municipal de Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 88 puntos; 2. Cadete A, 81 puntos; 3. Ural CF, 64 puntos...

33ª xornada: CADETE B 4 (Hugo Suárez e Pablo Trigo -3-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 2
Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso (un partido máis), 77 puntos; 3. Cadete B (un partido máis), 71 puntos; 4. Racing Villalbés e Galicia Caranza, 54 puntos...

Categoría alevín
12ª xornada: ALEVÍN A 7 (Daniel -2-, Murilo -2-, Jairo, Samuel e Álex) - SAN TIRSO SD A 1
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Victoria CF A, 33 puntos; 2. Alevín A (un partido máis), 31 puntos; 3. Ural CF A, 30 puntos; 4. CD Calasanz A, 25 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación final da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 58 puntos; 2. CD Calasanz A, 56 puntos; 3. Victoria CF A, 54 puntos...

13ª xornada: SANTA MARÍA DEL MAR A - BENXAMÍN B, o mércores 15 de maio ás 18:15 en Santa María del Mar
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º A Coruña: 1. Benxamín B, 36 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz C e Victoria CF B, 28 puntos...