RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, que abriu o Infantil A con vitoria sobre o Milagrosa

O Infantil A, líder do grupo norte da liga Galega, iniciou o venres 30 de novembro o calendario de partidos oficiais desta fin de semana en #ANOSACANTEIRA.

O conxunto deportivista, dirixido polo tándem Juan Villamisar - David Lagar, impúxose (15-0) ao SCD Milagrosa no campo 4 da Cidade Deportiva.

Con este resultado, o conxunto deportivista asegura o liderado en solitario do grupo, independentemente do que faga o Bertamiráns FC, segundo na táboa, mañá sábado ante a SD Residencia A.

Ao longo da fin de semana haberá outros 5 partidos en Abegondo, entre os que destaca o Fabril, mañá sábado 1 de decembro (17:00 horas).

O filial branquiazul recibe ao Real Madrid Castilla nun duelo con certa urxencia clasificatoria para os branquiazuis; após a freada sufrida a pasada fin de semana ante o Atlético de Madrid B. Sergio Pellicer citou a todo o seu cadro. Son baixa por lesión Javi Cobo, Raúl González e Diego Villares.

Os socios teñen libre acceso ao partido. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

Tamén xoga en Abegondo mañá sábado o Infantil B, ás 11:00 horas, neste caso con entrada gratuíta para os afeccionados.

Compiten mañá fóra da Cidade Deportiva, ademais dos alevíns e benxamíns, o Xuvenil B e Cadete A, estes en dobre choque ante o CD Areosa (16:00 e 18:15 respectivamente) na Xunqueira (Comesaña - Vigo).

Para o domingo quedan os choques do Deportivo ABANCA B (11:30 fronte ao CP Alertanavia), Xuvenil A (12:00 ante o Real Racing Club) e Cadete B (11:00 fronte ao Galicia de Caranza). Para estes dous últimos partidos, os socios entran gratis; mentres que o público paga 3 euros.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
14ª xornada: FABRIL - REAL MADRID CASTILLA, o sábado 1 de decembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 15. Valladolid CF B, 16 puntos; 16. CDA Navalcarnero, 15 puntos; 17. Burgos CF e CF Salmantino, 11 puntos; 19. Rápido de Bouzas, 10 puntos; 20. Fabril, 9 puntos

Categoría feminina
13ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CP ALERTANAVIA, o domingo 2 de decembro ás 11:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Deportivo ABANCA B, 36 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 32 puntos...

Categoría xuvenil
14ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 2 de decembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 4. Real Racing Club e Real Oviedo, 26 puntos; 6. Ural CF, 23 puntos; 7. Xuvenil A, 22 puntos; 8. Bansander, 17 puntos...

13ª xornada: CD AREOSA - XUVENIL B, o sábado 1 de decembro ás 16:00 na Xunqueira (Comesaña - Vigo)
Clasificación da liga Nacional: 1. Victoria CF, 29 puntos; 2. RC Celta B e CD Calasanz, 28 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 27 puntos; 5. Xuvenil B, 25 puntos; 6. CD Choco, 20 puntos...

Categoría cadete
13ª xornada: CD AREOSA - CADETE A, o sábado 1 de decembro ás 18:15 na Xunqueira (Comesaña - Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 31 puntos; 2. RC Celta, 30 puntos; 3. Ural CF, 28 puntos...

13ª xornada: CADETE B - GALICIA DE CARANZA, o domingo 2 de decembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 31 puntos; 3. Cadete B, Racing Villalbés e CF Dumbría, 26 puntos; 6. Bergantiños CF B, 21 puntos...

Categoría infantil
13ª xornada: INFANTIL A 15 (Marco Baña, Álvaro -2-, Martín, Domínguez -6-, Miguel, Noah e Mella -3-) - SCD MILAGROSA 0
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A (un partido máis), 39 puntos; 2. Bertamiráns FC, 33 puntos...

15ª xornada: INFANTIL B - BERGANTIÑOS CF B, o domingo 2 de decembro ás 16:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 42 puntos; 2. Ural CF B, 34 puntos...

Categoría alevín
8ª xornada: ORILLAMAR SD A - ALEVÍN A, o sábado 1 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A e Ural CF A, 19 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 15 puntos...

6ª xornada: ALEVÍN B - CF DEPORTIVO ORZÁN B, o sábado 1 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B e Ural CF, 13 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz C, 12 puntos; 4. CD Calasanz C, 10 puntos...

Categoría benxamín
6ª xornada: ORILLAMAR SD A - BENXAMÍN A, o sábado 1 de decembro ás 11:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A e CD Calasanz A, 15 puntos; 3. Victoria CF A, 12 puntos...

6ª xornada: IMPERATOR OAR C - BENXAMÍN B, o sábado 1 de decembro ás 13:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Ural CF C, 11 puntos; 2. Benxamín B (un partido menos) e CD Calasanz C, 10 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz C (un partido menos), 9 puntos...