RCD / NOVAS

Calendario de amigables de #ANOSACANTEIRA esta fin de semana, con torneos na Coruña, Ferrol, Lugo e Pontevedra

30/08/2019 16:45

Xuvenís, cadetes e infantís de #ANOSACANTEIRA teñen cita amigable esta fin de semana, o último para moitos deles antes do inicio das competicións oficiais.

Haberá torneos ademais para o Deportivo ABANCA B (Memorial Faraldo na Torre), Xuvenil B (torneo Muchacalidad.com na Gándara 2 de Ferrol), Infantil A (Torneo organizado polo club Portero 2000 en Monteporreiro - Pontevedra) e Infantil B (Memorial Moncho Rivera na Grela 1 da Coruña e Torneo de verán Cidade de Lugo).

En Abegondo só xogarase un partido, o do Cadete B ante o Racing de Ferrol B mañá sábado ás 10:30, con entrada gratuíta para os afeccionados.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Memorial Faraldo na Torre (A Coruña)
Domingo 1 de setembro
10:30: ORZÁN SD - DEPORTIVO ABANCA B
12:30: DEPORTIVO ABANCA B - CVC VALLADARES

Categoría xuvenil
XUVENIL A - CD CONXO SANTIAGO, o sábado 31 de agosto ás 11:30 no Monte

Torneo Muchacalidad.com no campo da Gándara 2 (Ferrol)
Domingo 1 de setembro
Semifinal
10:30: RACING DE FERROL - XUVENIL B
17:30: Final de consolación; ou 19:00: Final

Categoría cadete
CADETE A 2 (Seydiba e Marcelo) - CD CALASANZ B (xuvenil) 4

CADETE B - RACING DE FERROL B, o sábado 31 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo 5)

Categoría infantil
INFANTIL A 5 (Lucas -3-, Jorge e Pablo Parada) - BERGANTIÑOS CF B (cadete) 4

9ª edición Torneo Apertura no campo de Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 31 de agosto
11:30: INFANTIL A - UD OURENSE
12:05: SÁLVORA CF - INFANTIL A
O campión de grupo xogará a final (14:20), o segundo clasificado a final de consolación (13:50) e o terceiro pelexará polo quinto e sexto posto (13:15).

Memorial Moncho Rivera na Grela 1 (A Coruña)
Sábado 31 de agosto
Final
16:00: VICTORIA CF B - INFANTIL B

Torneo de Verán Cidade de Lugo, nos campos José María Rodríguez Lago (Lugo)
Domingo 1 de setembro
Primeira Fase
10:35: INFANTIL B - BERTAMIRÁNS FC (campo 1)
12:55: CP CASÁS - INFANTIL B (campo 1)
16:05: ACD PIRINGALLA - INFANTIL B (campo 2)
Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que arrancan ás 17:50 horas.