RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA 17 e 18 de decembro

Os diferentes equipos das categorías inferiores do Deportivo disputarán esta fin de semana a última xornada de liga do ano 2016. Só o Deportivo Feminino B comezou xa o parón de Nadal e non voltará a xogar até o 8 de xaneiro de 2017.

Todos os partidos de liga terán lugar o sábado a excepción do Fabril, que visita o domingo o Dubra (12.00 horas) no campo Juan Baleato.

En Abegondo só hai dous encontros: Cadete B (12.00) e Infantil A (10.30). Como é habitual, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

Por outra parte, o Alevín B proclamouse campión da Segunda Comarcal A Coruña, a falta desta última xornada ligueira.

É o segundo título da canteira deportivista esta temporada, após o logrado recentemente polo Alevín A na Primeira Comarcal A Coruña.

Finalmente, o Alevín A non ten competición oficial, ao disputar en Barcelona a sexta edición do Torneo Power Gol Cup.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
DUBRA - FABRIL, o domingo 18 de decembro ás 12.00 no campo Juan Baleato (Val do Dubra)
Clasificación: ... 3. Cerceda, 33 puntos; 4. Fabril e Arosa, 32 puntos; 6. Barbadás, 31 puntos...
 
Categoría xuvenil
PABELLÓN - XUVENIL A, o sábado 17 de decembro ás 16.15 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da División de Honra: ... 3. Oviedo e Lugo, 32 puntos; 5. Xuvenil A, 29 puntos; 6. Real Racing Club, 28 puntos...
 
Amigable, xogado o pasado mércores: XUVENIL B 3 (Rivera, Diego e César) - SELECCIÓN GALEGA SUB-16 2
PONTEVEDRA - XUVENIL B, o sábado 17 de decembro ás 12.00 na Xunqueira 1 (Pontevedra)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 38 puntos; 2. Xuvenil B, 32 puntos; 3. Racing Vilalbés, 28 puntos...
 
Categoría cadete
PONTEVEDRA - CADETE A, o sábado 17 de decembro ás 16.00 na Xunqueira 2 (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 43 puntos; 2. Cadete A, 38 puntos; 3. Victoria e Lugo, 34 puntos...
 
CADETE B - SANTIAGO DE COMPOSTELA C, o sábado 17 de decembro ás 12.00 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega cadete, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido máis), 38 puntos; 2. Cadete B, 32 puntos; 3. Xuventude de Oroso, 31 puntos...
 
Categoría infantil
INFANTIL A - SANTIAGO DE COMPOSTELA, o sábado 17 de decembro ás 10.30 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 41 puntos; 2. Ural, 40 puntos...
 
VICTORIA B - INFANTIL B, o sábado 17 de decembro ás 10.00 na Leyma
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 39 puntos; 2. Imperátor, 32 puntos...
 
Categoría alevín
Campionato Galego de fútbol oito, primeira eliminatoria, volta, xogado o pasado mércores: ALEVÍN A 11 (Marco Baña -2-, Javi -2-, Sierra -3-, Mella, Diego, Meki e Domínguez) - IMPERÁTOR A 0. Na ida: 13-0
 
ATLÉTICO ARTEIXO C - ALEVÍN B, o sábado 17 de decembro ás 11.00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B (xa campión), 27 puntos; 2. Victoria C, 24 puntos...
 
Categoría benxamín
BENXAMÍN A - ATLÉTICO ARTEIXO A, o sábado 17 de decembro ás 10.00 na Torre
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 36 puntos; 2. Olímpico A, 31 puntos...
 
BENXAMÍN B - URAL C, o sábado 17 de decembro ás 11.00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 30 puntos; 2. Ural C (un partido menos), 25 puntos...