RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA 21 e 22 de xaneiro

A maior parte de equipos de #ANOSACANTEIRA competirá esta fin de semana o sábado 21.

Quedan para o domingo 22 unicamente dous partidos, os dous ás 12:15 horas e os dous fóra de casa: o derbi coruñés da Terceira División na Grela 1 entre o Silva e o Fabril; e a visita do Deportivo Abanca B ao CCAR Valladares, na Primeira Autonómica Feminina, no campo da Gándara de Vigo.

O sábado sobresae o choque de División de Honra entre o Xuvenil A, terceiro clasificado con 38 puntos; frente ao CD Lugo, quinto cun punto menos que os deportivistas. O xogo, no campo principal de Abegondo, é de libre acceso para os socios deportivistas. A entrada de público custa 3 euros.

Tamén xogan na cidade deportiva o Cadete B (12:00 no campo 6) e o Infantil A (10:30 no campo 7). Para estes dous partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Esta fin de semana descansa o Alevín A, cuxa próxima competición é o Torneo Luis Calvo de fútbol once, cuxa primeira fase se xoga baixo o formato de liga.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
SILVA - FABRIL, o domingo 22 de xaneiro ás 12:15 na Grela 1
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 45 puntos; 2. Racing Villalbés, 41 puntos; 3. Fabril, 39 puntos; 4. Cerceda, 37 puntos...

Categoría feminina
CCAR VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 22 de xaneiro ás 12:15 na Gándara - Valladares (Vigo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Milagrosa, 20 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 19 puntos; 11. Arcadia EF, 13 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL A - LUGO, o sábado 21 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 44 puntos; 2. Celta, 43 puntos; 3. Xuvenil A, 38 puntos; 4. Oviedo e Lugo, 37 puntos...

BARBADÁS - XUVENIL B, o sábado 21 de xaneiro ás 16:00 nos Carrís
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 45 puntos; 2. Xuvenil B, 39 puntos; 3. Victoria, 35 puntos...

Categoría cadete
BERTAMIRÁNS - CADETE A, o sábado 21 de xaneiro ás 17:00 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 52 puntos; 2. Cadete A, 45 puntos; 3. Victoria, 41 puntos...

CADETE B - CONXO, o sábado 21 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 44 puntos; 2. Cadete B e Atlético Coruña Montañeros, 38 puntos; 4. Santiago de Compostela, 37 puntos; 5. Xuventude de Oroso, 36 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - CONXO, o sábado 21 de xaneiro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 50 puntos; 2. Ural, 49 puntos; 3. Xuventude de Oroso, 41 puntos...

SANTA MARÍA DEL MAR - INFANTIL B, o sábado 22 de xaneiro ás 10:00 en Santa María del Mar (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 48 puntos; 2. Imperátor, 41 puntos...

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN A 5 (Domínguez -2-, Noah, Mella -2-) - IMPERÁTOR B (infantil) 3

Segunda Fase alevín, grupo 1º, segunda xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C - ALEVÍN B, o sábado 21 de xaneiro ás 12:00 na Torre nº 2

Categoría benxamín
BENXAMÍN A - SPORTING BURGO A, o sábado 21 de xaneiro ás 12:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 45 puntos; 2. Olímpico A, 40 puntos...

BENXAMÍN B - OLÍMPICO B, o sábado 21 de xaneiro ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 34 puntos; 2. Ural C, 31 puntos...