RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de #ANOSACANTEIRA, co Xuvenil A mañá xoves no foco do deportivismo

O RC Deportivo viaxa esta tarde con todo o seu cadro, incluído o cadete Mella, á localidade malagueña de Marbella para disputar a partir de mañá xoves 24 de xuño a 'Final Four' da Copa de Campións da División de Honra xuvenil. Será o centro de atención do calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.

A Televisión de Galicia, a través da súa emisión por televisión (TVG 2) ademáis das plataformas en liña da RFEF: www.rfef.es, ofrecerán en directo a partir das 19:00 h. a primeira semifinal que enfronta ao conxunto que dirixe Óscar Gilsanz e ao Real Madrid.

O vencedor enfrontarase na final do domingo ás 12:00 h. ao gañador da outra semifinal, que disputarán o FC Barcelona e o Málaga CF.

A Federación Española habilitou aos afeccionados que desexen acudir un sistema de venda online de entradas ao prezo de 8 euros para as dúas semifinais e o mesmo prezo para a final; posto que non se venderán nos despachos de billetes do Marbella Football Center. Todas as entradas son nominativas e terán que ir acompañadas dun formulario de localización persoal cuberto e impreso e que se pode descargar nesta ligazón

En canto ao resto de categorías, Cadete A e o Infantil A xogan o venres 25 de xuño a semifinal da División de Honra e da liga Galega ante o CD Lugo (12:00 na Cheda, Lugo) e Victoria CF (18:30, A Grela 1) respectivamente. Os gañadores pasarán á gran final do domingo 27.

Por outra banda, o Alevín protagoniza a final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once este sábado 26 ás 18:00 na Grela 1 co Victoria CF A como rival. E en fútbol oito, o Alevín A e o Benxamín A, como campións da Primeira Autonómica A Coruña, disputarán o domingo 27 ás 12:15 no campo de O Monte de San Tirso a gran final fronte aos campións dos grupos das Mariñas - Arteixo: San Tirso SD A e ED Luis Calvo Sanz A respectivamente.

Finalmente, os dous equipos benxamíns buscarán este venres 25 en San Pedro de Visma un posto nas semifinais do Mini Trofeo Teresa Herrera.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría xuvenil

Copa de Campións, semifinal: REAL MADRID - XUVENIL A, mañá xoves 24 de xuño ás 19:00 no Marbella Football Center

Categoría cadete

División de Honra, semifinais: CD LUGO - CADETE A, o venres 25 de xuño ás 12:00 no campo da Cheda (Lugo)

Categoría infantil

Liga Galega, semifinais: INFANTIL A - VICTORIA CF, o venres 25 de xuño ás 20:30 na Grela 1

Categoría alevín

Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, final: ALEVÍN - VICTORIA CF A, o sábado 26 de xuño ás 18:00 na Grela 1

Primeira Autonómica A Coruña / As Mariñas - Arteixo de fútbol oito, final: ALEVÍN A - SAN TIRSO SD A, o domingo 27 de xuño ás 12:15 en O Monte (San Tirso)

Categoría benxamín

Mini Trofeo Teresa Herrera, cuartos de final: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o venres 25 de xuño ás 18:00 en San Pedro de Visma

Primeira Autonómica A Coruña / As Mariñas Arteixo de fútbol oito, final: BENXAMÍN A - ED LUÍS CALVO SANZ A, o domingo 27 de xuño ás 12:15 no campo de O Monte (San Tirso)

3ª xornada (xogado onte martes): FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Javi e David Gómez) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A 3

Clasificación final da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, fase final: 1. Benxamín A, 6 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF A, 3 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 0 puntos

Mini Trofeo Teresa Herrera, cuartos de final: FABRIL FC BENXAMÍN - VICTORIA CF, o venres 25 de xuño ás 19:00 en San Pedro de Visma