RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA, coa hora da verdade para Fabril e Xuvenil A

Chega a hora da verdade esta fin de semana para dous equipos de #ANOSACANTEIRA: Fabril e Xuvenil A.

O filial deportivista visita ao Extremadura no partido de ida da primeira eliminatoria da Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3. Será ás 20:00 horas no Francisco da Hera de Almendralejo. A volta será o sábado 26 ás 17:00 horas en Abegondo.

En categoría xuvenil, o Xuvenil A viaxa o venres a Bilbao co obxectivo de tentar remontar a eliminatoria copeira de oitavos de final, que se puxo costa arriba en Abegondo co 3-4 favorable ao Athletic Club.

Tamén arranca a Copa o Deportivo ABANCA B. O seu primeiro rival, o domingo ás 16:00, será o Victoria FC B. Esta primeira rolda será a partido único.

No resto de categorías, sobresae a Fase Intermedia do Campionato Galego para o Alevín A (en Becerreá) e o Benxamín A (en Dumbría).

Finalmente, tres equipos teñen torneo amigable esta fin de semana: Xuvenil B en Nantes (Francia), Alevín B en Colonia (Alemaña) e Benxamín B en Camariñas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Fase de Ascenso a LaLiga 1|2|3
Primeira eliminatoria, ida: EXTREMADURA UD - FABRIL, o domingo 20 de maio ás 20:00 horas no Francisco de la Hera (Almendralejo)

Categoría feminina
Copa da Primeira Autonómica Feminina, eliminatoria previa: VICTORIA FC B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 20 de maio ás 16:00 no Municipal do Sergas (Santiago)

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, volta: ATHLETIC CLUB - XUVENIL A, o sábado 19 de maio ás 17:00 en Lezama. Na ida: 4-3

34ª edición da International Rezé Football en Nantes (Francia)
Primeira Fase
Venres 18 de maio
9:00: XUVENIL B - AC BASSE GOULAINE
16:00: XUVENIL B - AJ AUXERRE
Sábado 19 de maio
12:00: LA MELLINET NANTES - XUVENIL B
Os dous primeiros clasificados pasan á Fase polo Título; mentres que os outros dous equipos pelexarán polos postos 8º ao 16º.

33ª xornada: XUVENIL B - RÁPIDO DE BOUZAS, o domingo 20 de marzo ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta, 81 puntos; 2. Ural, 79 puntos; 3. Xuvenil B, 67 puntos; 4. Racing de Ferrol, 66 puntos...

Categoría cadete
33ª xornada: CADETE A - RÁPIDO DE BOUZAS, o sábado 19 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 91 puntos; 2. Cadete A, 80 puntos; 3. Pabellón Ourense, 57 puntos...

33ª xornada: BERTAMIRÁNS B - CADETE B, o domingo 20 de maio ás 11:00 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 3. Xuventude de Oroso, 68 puntos; 4. Cadete B, 61 puntos; 5. Lugo B, 60 puntos; 6. Viveiro A, 55 puntos...

Categoría alevín
Fase Intermedia do Campionato Galego en Becerreá (Lugo)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - RESIDENCIA
11:40: URAL - ALEVÍN A
12:50: ALEVÍN A - EFM CONCELLO DE BOIRO
Os dous pimeros acceden ás semifinais, que se xogan a continuación.

Rheinsüd PfingstCup 2018 en Colonia (Alemaña)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
9:00: ALEVÍN B - AS ERSTEIN BLEU
9:32: ALEVÍN B - FC RHEINSÜD KÖLN
10:04: ALEVÍN B - TSV DAGERSHEIM
Os dous primeiros clasificados acceden a unha Fase Final, que, desde oitavos de final, arranca a continuación.

Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN B 4 (Samuel, Jairo e Dani -2-) - EFM BOIRO 3

Categoría benjamín
Fase Intermedia do Campionato Galego no campo do Conco (Dumbría)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - LUIS CALVO SANZ
11:40: RÁPIDO DE NEDA B - BENXAMÍN A
12:50: BENXAMÍN A - EF LALÍN
Os dous pimeros acceden ás semifinais, que se xogan a continuación.

Amigable, xogado o pasado martes: BENXAMÍN B 6 (Paulo -2-, Uxío, Sergio, Nico e Trigo) - EFM BOIRO 4

Torneo As Baleas no campo Hermanas Patiño (Camariñas)
Sábado 19 de maio
Primeira Fase
11:30: AS BALEAS - BENXAMÍN B
13:00: MIÚDOS - BENXAMÍN B
15:30: CORCUBIÓN - BENXAMÍN B
16:00: BENXAMÍN B - FISTERRA
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan xa a continuación.