RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA da fin de semana, que arrincou hoxe con triunfo do Infantil B

Hoxe venres 14 de decembro arrincou unha nova xornada de liga en #ANOSACANTEIRA, co partido do Infantil B ante o Santa María del Mar en Abegondo, correspondente ao grupo 1º da Primeira Autonómica; e que se saldou con claro triunfo deportivista: 7-0.

A fin de semana haberá ademais outros 4 partidos na Cidade Deportiva. Dous deles serán mañá sábado 15 (Xuvenil Á as 16:30 e Xuvenil B ás 12:30) e outros 2 o domingo 16 (Fabril ás 12:00 e Cadete A as 11:00).

Para o partido do filial deportivista, coa CyD Leonesa como rival, os socios teñen entrada gratuíta. Para os afeccionados da Cultural y Deportiva Leonesa as entradas están á venda en León a través do Club.

O conxunto de Sergio Pellicer busca, ante un rival da zona alta, facer bo o empate da pasada fin de semana en Salamanca.

O resto de choques en Abegondo son tamén de entrada libre para os socios do Dépor; pero neste caso a entrada de público vale 3 euros.

Compiten fóra de casa, o sábado ás 16:00, o Cadete B (en Oroso) e o Infantil A (en Santiago ante o CD Conxo).

Esta fin de semana toca descanso para o Deportivo ABANCA B debido aos compromisos das seleccións galegas sub-15 e sub-17.

Finalmente, os partidos dos dous equipos alevíns pásanse á próxima semana (sábado 22 de decembro o A e martes 18 de decembro o B), debido aos torneos amigables de Cornellá e Alemaña.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
17ª xornada: FABRIL - CyD LEONESA, o domingo 16 de decembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ...16. CDA Navalcarnero, 17 puntos; 17. CF Salmantino, 15 puntos; 18. Fabril, 13 puntos; 19. Burgos CF, 12 puntos; 20. Rápido de Bouzas, 11 puntos

Categoría feminina
Clasificación da Primeira Autonómica, 14ª xornada: 1. Deportivo ABANCA B, 40 puntos; 2. Viaxes InterRías FF, 36 puntos...

Categoría xuvenil
17ª xornada: XUVENIL A - REAL OVIEDO, o sábado 15 de decembro ás 16:30 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: ... 5. Real Oviedo, 30 puntos; 6. Ural CF, 26 puntos; 7. Xuvenil A, 25 puntos; 8. Atlético Perines, 23 puntos...

16ª xornada: XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO, o sábado 15 de decembro ás 12:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Victoria CF, 32 puntos; 4. Xuvenil B, 29 puntos; 5. Pabellón Ourense CF, 28 puntos; 6. CD Choco, 26 puntos...

Categoría cadete
16ª xornada: CADETE A - CD CONXO SANTIAGO, o domingo 16 de decembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 39 puntos; 2. Cadete A, 38 puntos; 3. Ural CF, 34 puntos...

16ª xornada: ED XUVENTUDE DE OROSO - CADETE B, o sábado 15 de decembro ás 16:00 no campo Liño Balado (Sigüeiro)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: ... 2. ED Xuventude de Oroso, 40 puntos; 3. Cadete B e Racing Villalbés, 33 puntos; 5. CF Dumbría, 29 puntos...

Categoría infantil
16ª xornada: CD CONXO SANTIAGO - INFANTIL A, o sábado 15 de decembro ás 16:00 no campo da Merced (Santiago de Compostela)
Clasificación da liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 45 puntos; 2. Bertamiráns FC, 42 puntos...

18ª xornada: INFANTIL B 7 (Mardones, Óscar -2-, Hodei, David -2- e Álvaro) - SANTA MARÍA DEL MAR 0
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 54 puntos; 2. Ural CF B, 43 puntos...

Categoría alevín
10ª xornada: CD CALASANZ A - ALEVÍN A, o sábado 22 de decembro ás 13:00 horas (campo pendente de designar)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Alevín A, 25 puntos; 2. Ural CF A, 22 puntos...

7ª xornada: ORILLAMAR SD B - ALEVÍN B, o martes 18 de decembro ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Alevín B e Ural CF C, 16 puntos; 3. ED Luis Calvo C, 15 puntos...

Categoría benxamín
7ª xornada: VICTORIA CF A - BENXAMÍN A, o sábado 15 de decembro ás 11:00 na Torre (campo 1.2)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. CD Calasanz A e Victoria CF A, 15 puntos...

7ª xornada: VICTORIA CF C - BENXAMÍN B, o sábado 15 de decembro ás 12:00 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Ural CF C, 14 puntos; 2. Benxamín B (un partido menos), 13 puntos; 3. ED Luis Calvo C (un partido menos), 12 puntos; 4. CD Calasanz C, 10 puntos...