RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 1, 2 e 3 de setembro

Hoxe venres disputouse un único partido en #ANOSACANTEIRA, de carácter amigable. O Infantil A caeu pola mínima (0-1) ante o Ural B de categoría cadete, que milita na Liga Galega. Un resultado lóxico e un bo test para os xogadores que preparan Iván Vázquez e Dani Xesto.

Polo demais, arrancan a liga na Cidade Deportiva de Abegondo dous equipos máis: o Xuvenil A de División de Honra ante o Racing de Santander o domingo 3 de setembro; e o Infantil B en Primeira División Autonómica (grupo 1º) fronte ao Victoria B, onte xoves 31 de agosto, con 3-2 como resultado final.

Para o primeiro partido, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o resto do público, a entrada sénior costa 3 euros.

Entre os obxectivos de ambos os conxuntos está o de mellorar ou igualar polo menos o logrado a temporada pasada: terceiro posto en Liga e cuartos de final de Copa do Rei o Xuvenil A; e campión de grupo o Infantil B.

Por outra banda, catro equipos teñen partido amigable esta semana, na recta final xa das súas pretemporadas: Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A.

En Segunda División B chega o primeiro derbi galego para o Fabril, que visitará ao Racing de Ferrol este domingo 3 de setembro ás 19:00 horas na Malata, retransmitido en directo pola TVG-2.

O calendario completo de partidos, cos resultados dos partidos xa xogados é o seguinte:

Segunda División B
3ª xornada, RACING DE FERROL - FABRIL, o domingo 3 de setembro ás 19:00 horas na Malata (Ferrol)

Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: XUVENIL A - RACING DE SANTANDER, o domingo 3 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Amigable: BERGANTIÑOS A - XUVENIL B, o sábado 2 de setembro ás 12:30 nas Eiroas

Categoría cadete
Amigable: CONXO A (xuvenil) - CADETE A, o sábado 2 de setembro ás 18:00 no campo da Merced (Santiago de Compostela)

Amigable: CADETE B - VIVEIRO, o sábado 2 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL A 0 - URAL B (cadete) 1

Primeira División Autonómica, grupo 1º, primeira xornada, xogado onte xoves: INFANTIL B 3 (Dani, Trigo e Diego) - VICTORIA B 2