RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 1 e 2 de abril

O Fabril volve xogar en Abegondo. Con 8 puntos de marxe sobre o segundo clasificado, o Rápido de Bouzas, o filial deportivista recibe ao Racing Villalbés, outro conxunto da zona alta que pelexa por un dos catro postos do playoff de ascenso. O encontro está fixado para o domingo 2 de abril ás 12:00.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Xogan o sábado na cidade deportiva o Xuvenil A (17:00 horas), que pelexa polo segundo posto da División de Honra; o Cadete B (12:00), en loita polo título do Grupo 1º da Liga Galega; o Infantil A (11:00), líder sólido da Liga Galega; e o Alevín A (10:30), primeiro do seu grupo do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

Para os tres primeiros partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Para o domingo 2 de abril (16:00) queda o encontro do Deportivo Abanca B en Arteixo ante o Torre. As deportivistas acaban de sumar 6 puntos na última semana: 3 puntos polo seu triunfo ante O Val e outros 3 puntos pola decisión do Comité de Competición de dar gañado ao Deportivo Abanca B por 3-0 o seu encontro do pasado 19 de marzo ante o San Miguel, conxunto que non se presentou a xogar.

Esta fin de semana acaba a liga o Benxamín B, que logrou o título de campión da Segunda Comarcal A Coruña (Grupo 1º) o pasado sábado. É o terceiro título esta temporada para a canteira deportivista, após os logrados polo Alevín A (campéon da Primeira Comarcal A Coruña) e do Alevín B (campión da Segunda Comarcal A Coruña).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - RACING VILLALBÉS, o domingo 2 de abril ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 66 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 58 puntos...

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - TORRE, o domingo 2 de abril ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica: ... 7. O Val, 34 puntos; 8. Milagrosa e Deportivo Abanca B, 31 puntos; 10. Victoria B (un partido máis), 24 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL A - VAL MIÑOR NIGRÁN, o sábado 1 de abril ás 17:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 66 puntos; 2. Sporting de Gijón, 63 puntos; 3. Xuvenil A, 61 puntos; 4. Lugo, 58 puntos...

OURENSE - XUVENIL B, o sábado 1 de abril ás 16:30 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 66 puntos; 2. Xuvenil B, 60 puntos; 3. Racing Villalbés e Pontevedra, 49 puntos...

Categoría cadete
OURENSE - CADETE A, o sábado 1 de abril ás 18:30 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 79 puntos; 2. Cadete A, 69 puntos; 3. Victoria, 52 puntos...

CADETE B - BOIRO, o sábado 1 de abril ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Galega, Grupo 1º: 1. Calasanz, 63 puntos; 2. Cadete B (un partido máis), 61 puntos; 3. Santiago de Compostela, 54 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - BERTAMIRÁNS, o sábado 1 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, Grupo 1º: 1. Infantil A, 77 puntos; 2. Ural, 68 puntos...

Amigable de fútbol oito: INFANTIL B 4 (Álvaro -2-, Quique e Sergio) - SELECCIÓN GALEGA Sub-12 1
PAIOSACO H. AÑÓN - INFANTIL B, o sábado 1 de abril ás 10:00 na Porta Santa (Paiosaco)
Clasificación da Primeira Comarcal, Grupo 1º. 1. Infantil B, 72 puntos; 2. Imperátor e Oza Juvenil, 62 puntos...

Categoría alevín
ALEVÍN A - IMPERÁTOR A, o sábado 1 de abril ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación do Trofeo Luis Calvo de fútbol once: 1. Alevín A, 24 puntos; 2. Ural A, 21 puntos; 3. Calasanz A e Luis Calvo A, 18 puntos...

ALEVÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C, o sábado 1 de abril ás 13:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase, Grupo 1º: 1. Alevín B, 28 puntos; 2. Calasanz C, 25 puntos; 3. Ural C, 21 puntos...

Categoría benxamín
IMPERÁTOR A - BENXAMÍN A, o sábado 1 de abril ás 10:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benjamín A, 67 puntos; 2. Ural A, 62 puntos...

URAL C - BENXAMÍN B, o sábado 1 de abril ás 12:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benjamín B (xa campión), 61 puntos; 2. Ural C, 53 puntos...