RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 14 e 15 de outubro

O Alevín A e os dous equipos benxamíns do Deportivo inician a liga esta fin de semana. Desta forma, once equipos de #ANOSACANTEIRA están xa en competición oficial. Falta unicamente o Alevín B, cuxo inicio estaba previsto para este sábado, pero non será posible por falta de campos.

En Segunda División B, o Fabril defende o liderado do grupo 1º da Segunda División B de novo en Abegondo, ante o Talavera. O choque será o domingo ás 17:00 horas, retransmitido en directo pola TVG-2.

Os socios do Dépor teñen entrada gratuíta á Cidade Deportiva. Para o público sénior a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Por outra banda, os dous equipos xuvenís, cadetes e infantís repiten xornada ligueira tras a vivida entre onte xoves 12 e o mércores 11. Algúns deles, caso do Xuvenil B, Cadete B e Infantil A, con apenas 48 horas entre un partido e outro.

Nesta ocasión xogan en Abegondo o Xuvenil A (domingo 15); e Cadete B e Infantil A (sábado 14 pola mañá). Os socios teñen entrada gratuíta á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
9ª xornada: FABRIL - TALAVERA DE LA REINA, o domingo 15 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación: 1. Fabril, 19 puntos; 2. Celta B, 18 puntos; 3. Fuenlabrada, 17 puntos...

Categoría feminina
6ª xornada: TORRE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 15 de outubro ás 16:00 na Torre
Clasificación da Primeira Autonómica: ... 2. Atlético Arousana, 13 puntos; 3. Viaxes InterRías FF, 11 puntos; 4. Deportivo ABANCA B, Victoria FC B e UD Ourense, 10 puntos; 7. Umia CF, 9 puntos; 8. UD Mos, 8 puntos...

Categoría xuvenil
8ª xornada: XUVENIL A - SANTIAGO DE COMPOSTELA CF, o domingo 15 de outubro ás 19:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Racing de Santander, 18 puntos; 2. Celta, 17 puntos; 3. Oviedo e Sporting de Gijón, 16 puntos; 5. Xuvenil A, 15 puntos; 6. Roces, 14 puntos...

7ª xornada: CORUXO - XUVENIL B, o sábado 14 de outubro ás 16:00 en Fragoselo (Vigo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 16 puntos; 2. Ural, 15 puntos; 3. Victoria, 13 puntos; 4. Xuvenil B, Pabellón e Racing de Ferrol, 12 puntos; 7. Santa Mariña, 10 puntos...

Categoría cadete
7ª xornada: CORUXO - CADETE A, o sábado 14 de outubro ás 18:00 en Fragoselo (Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 18 puntos; 2. Pontevedra, 15 puntos; 3. Cadete A, 14 puntos; 4. Ural, 12 puntos...

7ª xornada: CADETE B - SANTIAGO DE COMPOSTELA B, o sábado 14 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Atlético Coruña Montañeiros, 18 puntos; 2. San Tirso, 16 puntos; 3. Xuventude de Oroso, Cadete B e Lugo B, 13 puntos; 6. Escola Estrada Fútbol Base, 12 puntos...

Categoría infantil
7ª xornada: INFANTIL A - SANTIAGO DE COMPOSTELA, o sábado 14 de outubro ás 10:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A e Calasanz, 16 puntos; 3. Bertamiráns, 13 puntos...

8ª xornada: ORILLAMAR - INFANTIL B, o domingo 15 de outubro ás 12:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 21 puntos; 2. Infantil B, 18 puntos; 3. Ural B e Sporting Cambre, 14 puntos...

Categoría alevín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 1º, 1ª xornada: ALEVÍN A - OLÍMPICO A, o sábado 14 de outubro ás 10:00 na Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º, 1ª xornada: UD JUVENIL - BENXAMÍN A, o sábado 14 de outubro ás 11:00 no campo dos Loureiros de Almeiras (Culleredo)

Segunda Comarcal A Coruña, 1ª xornada: URAL C - BENXAMÍN B, o sábado 14 de outubro ás 13:00 na Torre