RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 17, 18 e 19 de marzo

O partido da Liga Galega deste sábado en Abegondo entre o Cadete B, segundo clasificado, e o Calasanz, líder, é o partido máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Os deportivistas non poden fallar para seguir optando ao campionato ligueiro.

En Terceira División, a Fabril visita Negreira o domingo 19 de marzo ás 16:30. Os fabrilistas, que atravesan quizais o mellor momento da temporada, aspiran a manter a súa distancia á fronte da clasificación.

No resto de categorías, xogan en Abegondo esta fin de semana o Xuvenil A (sábado ás 16:30), Infantil A (mañá venres ás 18:30) e Alevín A (sábado ás 10:30).

Para os dous primeiros partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

O partido do Benjamín A en Paiosaco, a petición do club local, pásase ao martes 21 de marzo ás 19:00 horas.

O calendario é o seguinte:

Terceira División
NEGREIRA - FABRIL, o domingo 19 de marzo ás 16:30 no campo Jesús García Calvo de Negreira
Clasificación: 1. Fabril, 60 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 55 puntos; 3. Cerceda, 53 puntos...

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - SAN MIGUEL, o domingo 19 de marzo ás 15:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica: ... 8. Victoria B, 29 puntos; 9. Milagrosa, 28 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 25 puntos; 11. Arcadia, 19 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL A - AVILÉS, o sábado 18 de marzo ás 16:30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 62 puntos; 2. Sporting de Gijón, 57 puntos; 3. Xuvenil A, 55 puntos; 4. Lugo, 52 puntos...

CALASANCIO - XUVENIL B, o sábado 18 de marzo ás 16:30 no campo dos Escolapios de Monforte
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 62 puntos; 2. Xuvenil B, 54 puntos; 3. Pontevedra, 48 puntos...

Categoría cadete
BORA - CADETE A, o domingo 19 de marzo ás 12:00 en Monteporreiro (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 73 puntos; 2. Cadete A, 63 puntos; 3. Victoria, 46 puntos...

CADETE B - CALASANZ, o sábado 18 de marzo ás 12:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 60 puntos; 2. Cadete B (un partido máis), 55 puntos; 3. Santiago de Compostela, 50 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - GALICIA CARANZA, mañá venres 17 de marzo ás 18:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 71 puntos; 2. Ural A, 64 puntos...

OZA JUVENIL - INFANTIL B, o domingo 19 de marzo ás 10:00 na Leyma
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 69 puntos; 2. Imperátor, 59 puntos...

Categoría alevín
ALEVÍN A - EF RACING DE FERROL, o sábado 18 de marzo ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación do Trofeo Luis Calvo de fútbol once: 1. Ural A e Alevín A, 18 puntos; 3. Luis Calvo A e Calasanz A, 15 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros e Victoria A, 10 puntos...

ALEVÍN B - XESUITINAS, o sábado 18 de marzo ás 10:00 en La Torre
Clasificación da Segunda Fase alevín: 1. Alevín B, 22 puntos; 2. Calasanz C, 19 puntos; 3. Ural C, 18 puntos...

Categoría benxamín
PAIOSACO H. AÑÓN - BENXAMÍN A, o martes 21 de marzo ás 19:00 na Porta Santa (Paiosaco)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 61 puntos; 2. Olímpico A (un partido máis), 54 puntos; 3. Ural A, 53 puntos...

ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C - BENXAMÍN B, o sábado 18 de marzo ás 12:00 en La Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B 55 puntos; 2. Ural C (un partido menos), 47 puntos...