RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 19, 20 e 21 de xaneiro

A xornada en #ANOSACANTEIRA arranca mañá venres 19 de xaneiro coa celebración en Abegondo (campo 6) do partido da 19ª xornada da Liga Galega entre o Cadete B e o Galicia de Caranza.

O sábado 20, a quenda na Cidade Deportiva é para o Infantil A (11:30); mentres que o domingo 21, o Fabril recibe (12:00) ao Racing de Ferrol nun atractivo derbi; o Infantil B ao Atlético Coruña Montañeros B (10:00); e o Xuvenil A ao Alondras (17:00 horas).

Para o choque de Segunda División B, os socios deportivistas teñen acceso gratuíto. A entrada de público sénior vale 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Para o resto de encontros en Abegondo, os socios do Dépor teñen entrada libre á Cidade Deportiva. O público deberá abonar 3 euros. O partido do Infantil B fronte ao Atlético Coruña Montañeros B é gratuíto para todos os afeccionados.

No resto de categorías sobresae a visita do líder da Primeira División Feminina, o CCAR Valladares ao Deportivo ABANCA B, que marcha terceiro empatado a puntos co Atlético Arousana, segundo. O encontro xogarase o domingo 21 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo).

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
22ª xornada: FABRIL - RACING DE FERROL, o domingo 21 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fuenlabrada, 47 puntos; 2. Rayo Majadahonda e Fabril, 40 puntos; 4. Navalcarnero, 35 puntos...

Categoría feminina
17ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CCAR VALLADARES, o domingo 21 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: 1. Valladares, 48 puntos; 2. Atlético Arousana e Deportivo ABANCA B, 38 puntos; 4. Viajes InterRías FF (un partido menos), 33 puntos...

Categoría xuvenil
20ª xornada: XUVENIL A - ALONDRAS, o domingo 21 de xaneiro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 46 puntos; 2. Xuvenil A, 43 puntos; 3. Celta, 42 puntos; 4. Real Racing Club, 37 puntos...

19ª xornada: OURENSE - XUVENIL B, o sábado 20 de xaneiro ás 16:00 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Victoria, 38 puntos; 4. Racing de Ferrol, 37 puntos; 5. Xuvenil B, 34 puntos; 6. Pabellón e Rápido de Bouzas, 24 puntos...

Categoría cadete
19ª xornada: BERGANTIÑOS - CADETE A, o domingo 21 de xaneiro ás 10:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 52 puntos; 2. Cadete A, 43 puntos; 3. Pontevedra, 32 puntos...

19ª xornada: CADETE B - GALICIA DE CARANZA, o venres 19 de xaneiro ás 19:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: ... 4. Victoria B e Viveiro A, 31 puntos; 6. Cadete B (un partido menos), 30 puntos; 7. EF Lalín e Lugo B, 29 puntos...

Categoría infantil
Fase polo Título, 1ª xornada, xogado onte: SAN TIRSO 0 - INFANTIL A 4 (Sergio -2- e Hugo Baldomar -2-)
Fase polo Título, 2ª xornada: INFANTIL A - AREOSA, o sábado 20 de xaneiro ás 11:30 en Abegondo (campo 4)

21ª xornada: INFANTIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B, o domingo 21 de xaneiro ás 10:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 44 puntos; 2. Infantil B, 43 puntos; 3. Ural B (un partido menos), 42 puntos; 4. Victoria B, 38 puntos...

Categoría alevín
Segunda Fase Comarcal, oitavos de final, ida: VICTORIA A - ALEVÍN A, o sábado 20 de xaneiro ás 12:00 na Torre

Segunda Fase, grupo 1º, 1ª xornada: ALEVÍN B - XESUITINAS, o sábado 20 de xaneiro ás 10:00 na Torre

Categoría benxamín
Segunda Fase de Primeira Comarcal, 3ª xornada: BENXAMÍN A - LUIS CALVO A, o sábado 20 de xaneiro ás 11:00 na Torre

12ª xornada: LUIS CALVO C - BENXAMÍN B, o sábado 20 de xaneiro ás 12:30 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 30 puntos; 2. Victoria C, 25 puntos...