RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 20 e 21 de maio

Unicamente cinco equipos de #ANOSACANTEIRA teñen competición oficial esta fin de semana: Fabril, Deportivo Abanca B, Xuvenil A, Alevín A e Benxamín A. Teñen descanso ligueiro este fin de semana Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A. Todos eles con todo decidido (Xuvenil B e Cadete A subcampións) e Infantil A (campión). Só se xoga o título o Cadete B (Liga Galega), que depende de si mesmo nos próximos encontros para ser campión.

O pasado mércores, o Alevín B logrou o noveno título (campión do grupo 1º da Segunda Fase) para #ANOSACANTEIRA esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Fabril (Terceira División); Infantil A (grupo 1º da Liga Galega), Infantil B (Primeira División Autonómica, grupo 1), Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña), Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

O domingo, o Fabril visita ao Cacereño no partido de ida da eliminatoria de campións, pertencente ao playoff de ascenso a Segunda División B. O choque xogarase no Estadio Príncipe Felipe o domingo ás 12:00 horas.

O Cacereño é o campión do grupo 14 de Terceira División, correspondente a Estremadura. Sumou na liga un total de 92 puntos, con 29 partidos gañados, 5 empatados e 4 perdidos. En total anotou 81 goles e encaixou unicamente 16.

En categoría feminina, o Deportivo Abanca B inicia a Copa de Primeira División. Mídese na Coruña ao Victoria B nunha eliminatoria de oitavos de final a partido único.

E na Copa do Rei Xuvenil, o Xuvenil A afronta cunha renda de 2 goles (2-0 en Abegondo na ida) ante o Osasuna, o partido de volta de oitavos de final, o domingo 21 de maio ás 12:00 en Tajonar (Navarra).

Finalmente, o Alevín A e o Benxamín A afrontan o sábado 20 de maio a Fase Norte do Campionato Galego de fútbol oito, en Ribeira e Laracha respectivamente.

En alevíns, o Alevín A quedou encadrado no grupo A con o Narón, Bertamiráns e Atlético Riveira.

Pola súa banda, o Benxamín A, na Primeira Fase, terá como rivais en Laracha ao Numancia de Ares, Ural e EF Lalín.

Ademais teñen torneo amigable estes equipos: Infantil A (en Zaragoza); Infantil B (en Lugo); Alevín B (Ourense); e Alevín A e Benxamín B (en Rianxo). Por este motivo, o Alevín B disputa o seu partido de liga correspondente o martes 23 de maio en Abegondo.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
Playoff de ascenso a Segunda División B, eliminatoria de campións, ida: CACEREÑO - FABRIL, o domingo 21 de maio ás 12:00 no estadio Príncipe Felipe (Cáceres)

Categoría feminina
Copa Primeira División, oitavos de final (partido único): VICTORIA B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 21 de maio ás 12:00 na Leyma

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, volta: OSASUNA - XUVENIL A, o domingo 21 de maio ás 12:00 en Tajonar (Navarra). Na ida: 0-2

Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 79 puntos; 2. Xuvenil B, 72 puntos; 3. Pontevedra, 61 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 91 puntos; 2. Cadete A, 79 puntos; 3. Victoria, 59 puntos...

Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido máis), 76 puntos; 2. Cadete B, 73 puntos; 3. Santiago de Compostela, 63 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 92 puntos; 2. Ural, 75 puntos...

Categoría alevín
Fase Norte do Campionato Galego en Ribeira
Sábado 20 de maio
Primeira Fase
10:00: ALEVÍN A - BERTAMIRÁNS (campo 1)
11:30: NARÓN - ALEVÍN A (campo 2)
13:00: ALEVÍN A - ATLÉTICO RIVEIRA (campo 2)

Os dous primeiros acceden a semifinais e os outros dous equipos xogan unha Fase de Consolación, todo iso a continuación.

ALEVÍN B - SPORTING CORUÑÉS B, o martes 23 de maio ás 19:30 en Abegondo
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B (xa campión), 46 puntos; 2. Calasanz C, 38 puntos...

Categoría benxamín
Fase Final Norte do Campionato Galego en Laracha
Sábado 20 de maio
Primeira Fase
10:00: BENXAMÍN A - URAL (campo 1)
11:30: NUMANCIA - BENXAMIN A (campo 2)
13:00: BENXAMÍN A - EF LALÍN (campo 2)

Os dous primeiros acceden a semifinais e os outros dous equipos xogan unha Fase de Consolación, todo iso a continuación.