RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 23 e 24 de setembro

O Fabril recibe este domingo 24 de setembro ao Coruxo na 6ª xornada do grupo 1º da Segunda División B. O encontro pasa do horario habitual do filial das 12:00 ao das 17:00 horas, para evitar coincidir co Espanyol-Dépor.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Polo demais, o cuádruplo enfrontamento co Racing de Ferrol marca o resto da xornada en #ANOSACANTEIRA. Dous serán o sábado no campo ferrolán da Gándara-2 (Liga Nacional Xuvenil e División de Honra Cadete) e os outros dous, tamén o sábado, en Abegondo (Liga Galega Cadete e Infantil). Para estes dous últimos partidos, os socios teñen libre acceso ao complexo deportivista. Para o público, a entrada sénior é a 3 euros.

De momento os dous equipos alevíns e os dous benxamíns non arrancaron as súas respectivas competicións ligueiras.

O calendario de partidos do fin de semana é o seguinte:

Segunda División B
FABRIL - CORUXO, o domingo 24 de setembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Cerceda, 12 puntos; 2. Celta B e Rápido de Bouzas, 11 puntos; 4. Fuenlabrada, Fabril, San Sebastián de los Reyes e Navalcarnero, 10 puntos; 8. Atlético de Madrid B e Coruxo, 9 puntos...

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VIAJES INTERRÍAS FÚTBOL FEMININO, o domingo 24 de setembro ás 16:00 en Ponte dos Brozos

Categoría xuvenil
XUVENIL A - RACING VILLALBÉS, o sábado 23 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Celta, Val Miñor Nigrán e Atlético Perines, 7 puntos; 5. Racing de Santander, 6 puntos; 6. Roces, Xuvenil A e Llano 2000, 5 puntos; 9. Oviedo, 4 puntos...

Liga Nacional, 3ª xornada: RACING DE FERROL - XUVENIL B, o sábado 23 de setembro ás 16:00 na Gándara-2 (Ferrol)

Categoría cadete
División de Honra, 3ª xornada: RACING DE FERROL - CADETE A, o sábado 23 de setembro ás 17:50 na Gándara-2 (Ferrol)

Liga Galega, grupo 1º, 3ª xornada: CADETE B - RACING DE FERROL B, o sábado 23 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 6)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º, 3ª xornada: INFANTIL A - RACING DE FERROL, o sábado 23 de setembro ás 10:30 en Abegondo (campo 7)

ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B - INFANTIL B, o sábado 23 de setembro ás 16:00 na Torre
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Atlético Coruña Montañeros B e Orillamar, 9 puntos; 3. Imperátor, Sporting Cambre e Infantil B, 7 puntos; 6. Ural B e Atlético Arteixo, 6 puntos...

Categoría benxamín
Amigable, xogado o pasado martes 19: BENXAMÍN A 4 (Anxo -2-, Raúl e Íker) - VICTORIA B (alevín) 2
Amigable: BENXAMÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS B (alevín), o sábado 23 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Amigable: BENXAMÍN B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A, o sábado 23 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)