RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 27, 28 e 29 de xaneiro

Interesante xornada de #ANOSACANTEIRA na cidade deportiva de Abegondo.

O domingo 29, o Fabril recibe o Barco (12:00 horas), xa coa mente posta no liderado, a tiro de 4 puntos de distancia. Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Tamén en Abegondo destaca o sábado 28 o duplo duelo en Liga Nacional Xuvenil e División de Honra Cadete co Victoria. En ambos os casos os deportivistas marchan segundos e os seus rivais, terceiros nos seus respectivos grupos.

Para estes dous partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Tamén o Victoria visita a cidade deportiva mañá venres (18:30), neste caso ao Alevín A, na primeira xornada do Trofeo Luis Calvo Sanz de fútbol once.

O calendario da canteira é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - BARCO, o domingo 29 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 46 puntos; 2. Racing Villalbés e Fabril, 42 puntos; 4. Cerceda, 40 puntos; 5. Arosa, 39 puntos...

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - PORTONOVO, o domingo 29 de xaneiro ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Victoria CF B, 23 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 19 puntos; 11. Arcadia, 13 puntos...

Categoría xuvenil
SANTIAGO DE COMPOSTELA - XUVENIL A, o sábado 28 de xaneiro ás 16:00 en Santa Isabel (Santiago)
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón, 47 puntos; 2. Celta, 46 puntos; 3. Xuvenil A, 41 puntos; 4. Oviedo, 40 puntos...

XUVENIL B - VICTORIA, o sábado 28 de xaneiro ás 12:15 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 48 puntos; 2. Xuvenil B, 42 puntos; 3. Victoria, 38 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - VICTORIA, o sábado 28 de xaneiro ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 55 puntos; 2. Cadete A, 48 puntos; 3. Victoria, 44 puntos...

Amigable, xogado onte mércores: CADETE B 2 (Pol e Axel) - SELECCIÓN CORUÑESA SUB-15 1
BERTAMIRÁNS B - CADETE B, o sábado 28 de xaneiro ás 17:00 no Municipal de Bertamiráns
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 45 puntos; 2. Cadete B, 41 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros (un partido menos) e Santiago de Compostela, 38 puntos...

Categoría infantil
ONCE CABALLEROS - INFANTIL A, o sábado 28 de xaneiro ás 10:00 no campo de Lendoiro (A Barcala)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 53 puntos; 2. Ural, 52 puntos...

RAYO SADENSE - INFANTIL B, o sábado 28 de xaneiro ás 10:00 no campo Andrés Pena das Mariñas (Sada)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 51 puntos; 2. Imperátor, 44 puntos...

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN A 6 (Domínguez -3-, Diego -2- e Zerfu) - SAN TIRSO B (infantil) 4
Trofeo Luis Calvo de fútbol once, primeira xornada: ALEVÍN A - VICTORIA, o venres 27 de xaneiro ás 18:30 en Abegondo

Segunda Fase Comarcal, terceira xornada: ALEVÍN B - LUIS CALVO D, o domingo 29 de xaneiro ás 12:00 na Torre

Categoría benxamín
ORILLAMAR A - BENXAMÍN A, o sábado 28 de xaneiro ás 13:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 48 puntos; 2. Olímpico A, 43 puntos...

ATLÉTICO ARTEIXO C - BENXAMÍN B, o sábado 28 de xaneiro ás 13:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 37 puntos; 2. Ural C, 32 puntos...