RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 27 e 28 de maio

O deportivismo agarda impaciente a 'final' de Riazor deste domingo 28 de maio ás 12:00 horas (TVG-2). O Fabril regresará a Segunda División B se logra derrotar ao Cacereño, despois de que na ida, disputada no campo Príncipe Felipe de Cáceres o pasado domingo, ambos equipos igualasen sen goles.

Para o partido, o acceso é libre para todos os socios do RC Deportivo e para todos os deportivistas que teñan a entrada do Dépor-Las Palmas do último partido de liga. Estarán abertas as seguintes bancadas: Tribuna Inferior, Preferencia Inferior, Maratón Inferior e Pavillón Inferior.

Por outra banda, Xuvenil A e Deportivo Abanca B afrontan o partido de ida de cuartos de final copeiro: o primeiro en Sevilla (11:30 horas) na Copa do Rei; e o segundo en Arteixo fronte ao Torre, na Copa de Primeira División.

Xogan en Abegondo, en horario unificado por ser a penúltima xornada de liga, o Xuvenil B e o Cadete A, ambos o domingo 28 de maio ás 12:00.

Para estes dous partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Visitan ao Santiago o Cadete B e o Infantil A. Para os cadetes o partido é vital, posto que dependen de si mesmos para ser campións. Para iso, non poden fallar no campo do terceiro clasificado, o Santiago, o sábado 27 de maio ás 18:30.

En categoría benxamín, o Benxamín A pelexará o sábado 27 en Arzúa polo cetro galego da categoría, na modalidade de fútbol oito, tras ser campión da Fase Norte. O seu rival en semifinais será o Cristo de la Victoria. O outro finalista sairá do encontro entre o Celta e o Racing de Ferrol. A final e o partido de consolación serán pola tarde.

Esta fin de semana teñen torneo amigable o Alevín B (en Vila de Cruces) e o Benxamín B (na Estrada).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
Playoff de Ascenso a Segunda División B, volta: FABRIL - CACEREÑO, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Riazor. Na ida: 0-0

Categoría feminina
Copa, cuartos de final, ida: DEPORTIVO ABANCA B - TORRE, o domingo 28 de maio ás 20:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
Copa do Rei, cuartos de final, ida: SEVILLA - XUVENIL A, o sábado 27 de maio ás 11:30 na Cidade Deportiva José Ramón Cisneros (Sevilla)

XUVENIL B - PONTEVEDRA, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 79 puntos; 2. Xuvenil B, 72 puntos; 3. Pontevedra, 61 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - PONTEVEDRA, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A (un partido máis), 94 puntos; 2. Cadete A, 79 puntos; 3. Victoria, 59 puntos...

SANTIAGO DE COMPOSTELA - CADETE B, o sábado 27 de maio ás 18:30 no campo da Barrosa (Villestro)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido máis), 76 puntos; 2. Cadete B, 73 puntos; 3. Santiago de Compostela, 63 puntos...

Categoría infantil
Cuadrangular en Corme
Mércores 24 de maio
ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 2 - INFANTIL A 0
SELECCIÓN CORUÑESA 1 - INFANTIL A 0
COMBINADO DA COSTA 3 - INFANTIL A 0

SANTIAGO DE COMPOSTELA - INFANTIL A, o sábado 27 de maio ás 16:30 no campo da Barrosa (Villestro)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A (xa campión), 92 puntos; 2. Ural, 75 puntos...

Categoría alevín
XESUITINAS - ALEVÍN B, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Meicende (Arteixo)
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B (xa campión), 49 puntos; 2. Calasanz C, 41 puntos...

Categoría benjamín
Fase Final Galega, en Arzúa
Sábado 27 de maio
Semifinal
12:00: BENJAMÍN A - CRISTO DE LA VICTORIA

A final e o partido de consolación serán pola tarde.