RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 29 e 30 de abril

Esta fin de semana retornan á competición o Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A, cun cuádruplo enfrontamento ante o Racing de Ferrol mañá sábado 29 de abril.

Os dous primeiros (Xuvenil B e Cadete A) xogan en Ferrol e os dous últimos (Cadete B e Infantil A) en Abegondo. Para estes partidos na cidade deportiva, os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Pola súa banda, o Xuvenil A celebra esta semana dous partidos amigables para preparar a eliminatoria de oitavos de final da Copa do Rei ante Osasuna, cuxa ida se xogará o domingo 14 de maio en Abegondo e a volta, o 21 en campo osasunista.

En Terceira División, o Fabril cambia de horario para o seu partido en Abegondo, para evitar coincidir co Deportivo en Pamplona. Así, das 12:00 (horario habitual) pasa ás 17:00 horas, co CD Castro como rival.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Por outra banda, o Alevín A disputou o seu partido do Trofeo Luis Calvo onte xoves en Caranza (0-9), posto que o domingo arranca un torneo amigable na localidade malagueña de Mijas

Finalmente en categoría benxamín, o Benxamín A será campión da Primeira Comarcal A Coruña se derrota mañá sábado 29 de abril ao Victoria A. Sería o sexto título para a canteira deportivista esta temporada, tras os logrados anteriormente polo Infantil B (Primeira División Autonómica), o Alevín A (Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda Comarcal A Coruña) e Benxamín B (Segunda Comarcal A Coruña).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - CASTRO, o domingo 30 de abril ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 72 puntos; 2. Rápido de Bouzas e Cerceda, 67 puntos...

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - UMIA, o domingo 30 de abril ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 6. Sárdoma B, 41 puntos; 7. Deportivo Abanca B, 40 puntos; 8. O Val, 37 puntos...

Categoría xuvenil
Amigable, xogado onte xoves: XUVENIL A 1 (Aarón) - SILVA (Terceira División) 1
Amigable: XUVENIL A - LUGO A, o sábado 29 de abril ás 12:30 en Abegondo (campo 3)

RACING DE FERROL - XUVENIL B, o sábado 29 de abril ás 16:00 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 72 puntos; 2. Xuvenil B, 66 puntos; 3. Racing Villalbés, 58 puntos...

Categoría cadete
RACING DE FERROL - CADETE A, o sábado 29 de abril ás 17:50 na Gándara 2 (Ferrol)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 82 puntos; 2. Cadete A, 75 puntos; 3. Victoria, 56 puntos...

CADETE B - RACING DE FERROL, o sábado 29 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido máis), 70 puntos; 2. Cadete B, 64 puntos; 3. Santiago de Compostela, 56 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - RACING DE FERROL, o sábado 29 de abril ás 10:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 83 puntos; 2. Ural, 71 puntos...

INFANTIL B - VICTORIA, o sábado 29 de abril ás 11:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (xa campión), 81 puntos; 2. Imperátor, 69 puntos...

Categoría alevín
Xogado onte xoves: GALICIA CARANZA 0 - ALEVÍN A 9 (Meki -4-, Carballo -3-, Dani Ferrol e Domínguez)
Clasificación do Torneo Luis Calvo de fútbol once: 1. Alevín A (xa campión, cun partido máis), 33 puntos; 2. Ural A, 24 puntos...

VICTORIA C - ALEVÍN B, o sábado 29 de abril ás 11:00 en La Torre 2
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Alevín B, 37 puntos; 2. Calasanz C, 34 puntos...

Categoría benxamín
BENXAMÍN A - VICTORIA A, o sábado 29 de abril ás 10:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benjamín A, 76 puntos; 2. Ural A, 68 puntos...

Copa AFAC, terceira xornada: BENXAMÍN B - URAL C, o sábado 29 de abril ás 12:00 na Torre