RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 3, 4 e 5 de marzo

Todos os equipos de #ANOSACANTEIRA retoman a competición após o parón da pasada fin de semana.

En Terceira División, o Fabril defende o liderado na sempre complicada cancha do Choco de Redondela.

Esta tarde xoga en Abegondo o Cadete B (campo 5); mañá sábado o Xuvenil A (campo 1) e Infantil A (campo 7); e o domingo farao o Alevín A (na cidade deportiva) e o Deportivo Abanca B (en Arteixo).

Para os partidos de hoxe e mañá sábado, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Nas demais categorías sobresae o choque do Benxamín A, líder da Primeira Comarcal A Coruña, que visita o Olímpico A, segundo, cun partido máis xogado, a 4 puntos de distancia. Un triunfo deportivista sería case a sentenza ao campionato ligueiro.

O calendario de partidos da fin de semana é o seguinte:

Terceira División
CHOCO - FABRIL, o domingo 5 de marzo ás 17:00 no campo de Santa Mariña (Redondela)
Clasificación: 1. Fabril, 54 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 53 puntos; 3. Racing Villalbés, 52 puntos; 4. Cerceda, 50 puntos...

Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - SÁRDOMA B, o domingo 5 de marzo ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Milagrosa, 25 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 22 puntos; 11. Arcadia, 19 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL A - ROCES, o sábado 4 de marzo ás 17:00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 56 puntos; 2. Sporting de Gijón, 53 puntos; 3. Xuvenil A, 49 puntos; 4. Oviedo, 47 puntos; 5. Lugo, 46 puntos...

CALASANZ - XUVENIL B, o domingo 5 de marzo ás 10:00 na Grela 2
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 58 puntos; 2. Xuvenil B, 51 puntos; 3. Racing de Ferrol, 43 puntos...

Categoría cadete
PABELLÓN - CADETE A, o sábado 4 de marzo ás 17:55 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 67 puntos; 2. Cadete A, 57 puntos; 3. Victoria, 44 puntos...

CADETE B - VIVEIRO A, hoxe venres 3 de marzo ás 18:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 54 puntos; 2. Cadete B (un partido máis), 51 puntos; 3. Santiago de Compostela, 44 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - XUVENTUDE DE OROSO, o sábado 4 de marzo ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A (un partido máis), 65 puntos; 2. Ural, 61 puntos...

ÓRDENES - INFANTIL B, o sábado 4 de marzo ás 12:00 no Anexo de Vista Alegre
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 63 puntos; 2. Imperátor, 53 puntos...

Categoría alevín
ALEVÍN A - LUGO A, o domingo 5 de marzo ás 10:30 en Abegondo
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, grupo norte: 1. Ural A, Alevín A e Escuelas Luis Calvo A, 12 puntos; 4. Calasanz A, 9 puntos...

ALEVÍN B - IMPERÁTOR C, o domingo 5 de marzo ás 13:00 na Torre 2
Clasificación da Segunda Fase Alevín: 1. Ural C (un partido máis), 14 puntos; 2. Alevín B, 13 puntos; 3. Calasanz C, 12 puntos; 4. Imperátor C, 10 puntos...

Categoría benxamín
OLÍMPICO A - BENXAMÍN A, o sábado 4 de marzo ás 12:45 no Complexo Deportivo de Vilaboa
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 57 puntos; 2. Olímpico A (un partido máis), 53 puntos; 3. Victoria A e Ural A, 49 puntos...

RAYO SADENSE B - BENXAMÍN B, o sábado 4 de marzo ás 11:00 no campo Andrés Pena (As Mariñas) de Sada
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 46 puntos; 2. Ural C, 41 puntos...