RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 30 de setembro e 1 de outubro

Co Fabril de visita á Ponferradina (domingo 1 de outubro ás 18:00 horas), só tres equipos de #ANOSACANTEIRA xogan en Abegondo esta fin de semana: Xuvenil B (Liga Nacional), Cadete A (División de Honra) e Infantil B (Primeira Autonómica), o primeiro o domingo 1 de outubro e os dous restantes o sábado 30 de setembro. Para os partidos do Xuvenil B e Cadete A, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. A entrada para o público custa 3 euros.

Lonxe de Abegondo competirán o Deportivo ABANCA B (o domingo fronte ao Umia), Xuvenil A (o sábado fronte ao Alondras), e o Cadete B e o Infantil A (o domingo en Lugo).

Por outra banda, os dous equipos alevíns do Deportivo participan este sábado 30 de setembro na segunda edición do Torneo de fútbol 8 organizado pola SD Guitiriz, na citada localidade lucense.

O Alevín A quedou encadrado no grupo B, co Ural, o Burela e o anfitrión Guitiriz. Pola súa banda, o Alevín B, no grupo A, ten como rivais a Lugo, Victoria e Milagrosa.

Finalmente, o Benxamín B ten este sábado 30 de setembro un novo exame de pretemporada. Será na localidade ourensá de Velle, con motivo da sexta edición do Memorial Manolo Carrera. O escenario será o campo de fútbol Monte da Aira.

O equipo deportivista quedou encadrado no grupo A, con CD Velle, CD Lugo B e CD Maceda.

O calendario de partidos do fin de semana é o seguinte:

Segunda División B
7ª xornada: PONFERRADINA - FABRIL, o domingo 1 de outubro no Toralín
Clasificación: 1. Celta B, 14 puntos; 2. Fabril, Fuenlabrada e Navalcarnero, 13 puntos; 5. Atlético de Madrid B e Cerceda, 12 puntos...

Categoría feminina
4ª xornada: UMIA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 1 de outubro ás 17:00 no campo da Bouza (Barrantes)
Clasificación da Primeira Autonómica Feminina: ... 5. Umia, Ourense e Victoria FC B, 6 puntos; 8. Deportivo ABANCA B e Milagrosa, 4 puntos...

Categoría xuvenil
5ª xornada: ALONDRAS - XUVENIL A, o sábado 30 de setembro ás 17:00 no Campo do Morrazo
Clasificación da División de Honra: ... 3. Sporting de Gijón e Racing de Santander, 9 puntos; 5. Xuvenil A, Roces e Llano 2000, 8 puntos; 8. Val Miñor Nigrán e Oviedo, 7 puntos...

4ª xornada: XUVENIL B - AROSA SC, o domingo 1 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: ... 8. Lugo B, Lérez e Santa Mariña, 4 puntos; 11. Xuvenil B, Porriño Industrial, Coruxo, Rápido de Bouzas e Choco, 3 puntos...

Categoría cadete
4ª xornada: CADETE A - ED AROUSA SD, o sábado 30 de setembro ás 10:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, Pontevedra e Calasanz, 9 puntos; 4. Cadete A e ED Arousa SD, 7 puntos; 6. Bergantiños, 6 puntos...

4ª xornada: LUGO B - CADETE B, o domingo 1 de outubro ás 12:15 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Escola Estrada Fútbol Base, Atlético Coruña Montañeros, Lugo B e San Tirso, 9 puntos; 5. Xuventude de Oroso e Cadete B, 7 puntos; 7. Racing de Ferrol B, 6 puntos...

Categoría infantil
4ª xornada: LUGO A - INFANTIL A, o domingo 1 de outubro ás 10:30 no Municipal Rodríguez Lago 1 (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, Lugo A e Calasanz, 9 puntos; 4. Galicia de Caranza e Ural, 7 puntos...

5ª xornada: INFANTIL B - IMPERÁTOR B, o sábado 30 de setembro ás 10:00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Orillamar, 12 puntos; 2. Imperátor B, Sporting Cambre e Infantil B, 10 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros B, 9 puntos...

Categoría alevín
Torneo de Fútbol 8 da SD Guitiriz
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
10:00: ALEVÍN A - BURELA (campo A)
12:00: GUITIRIZ - ALEVÍN A (campo A)
15:00: ALEVÍN A - URAL (campo A)

Primeira Fase
9:30: VICTORIA - ALEVÍN B (campo B)
11:30: ALEVÍN B - LUGO (campo A)
14:30: MILAGROSA - ALEVÍN B (campo B)

Os dous primeiros de cada grupo pasan a cuartos de final, e o resto de equipos disputará unha Fase de Consolación, co obxecto de definir a súa posición final.

Categoría benxamín
VI Memorial Manolo Carrera en Velle (Ourense)
Sábado 30 de setembro
Primeira Fase
10:50: LUGO B - BENXAMÍN B (campo 1)
11:40: BENXAMÍN B - VELLE (campo 1)
14:10: BENXAMÍN B - MACEDA (campo 1)

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, mentres que os outros dous equipos xogarán unha Fase de Consolación. Todo iso xa a continuación.