RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA do 8 e 9 de abril

Última fin de semana ligueira para #ANOSACANTEIRA antes do parón de Semana Santa, que dará paso a torneos amigables por toda España e en Europa para os equipos inferiores do RC Deportivo.

Este domingo 9 de abril, o Xuvenil A finaliza a competición no grupo primeiro da División de Honra, coa clasificación para a Copa do Rei xa no peto, como un dos dous mellores terceiros dos sete grupos. O conxunto deportivista, con 64 puntos, visita ao Marina Sport cántabro. Necesita vencer e que o Sporting de Gijón (66 puntos agora mesmo) caia derrotado en Avilés para lograr a segunda praza.

Tamén o domingo, a Fabril visita ao Ribadumia. Prohibido fallar para seguir mantendo un colchón de 6 puntos sobre o segundo clasificado, o Rápido de Bouzas.

Xogan o sábado 8 de abril en Abegondo o Xuvenil B (12:30), o Cadete A (11:00) e o Infantil B (10:30).

Para os dous primeiros partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Esta fin de semana descansa o Cadete B, porque lle tocaba xogar contra o Xuventú de Aguiño (retirado da competición); o Alevín A, que participa no Mundialito de Cambrils (Tarragona); e o Benxamín B, que acabou a liga a semana pasada como campión da Segunda Comarcal A Coruña.

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
RIBADUMIA - FABRIL, o domingo 9 de abril ás 17:30 no campo da Senra (Ribadumia)
Clasificación: 1. Fabril, 67 puntos; 2. Rápido de Bouzas, 61 puntos...

Categoría feminina
ARCADIA - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 9 de abril ás 16:30 no campo do Salgueirón (Arcade)
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 7. O Val, 37 puntos; 8. Deportivo Abanca B, 34 puntos; 9. Milagrosa e Victoria B, 32 puntos...

Categoría xuvenil
MARINA SPORT - XUVENIL A, o domingo 9 de abril ás 12:00 no campo Soto de la Marina en Santa Cruz de Bezana (Cantabria)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 69 puntos; 2. Sporting de Gijón, 66 puntos; 3. Xuvenil A, 64 puntos; 4. Lugo, 61 puntos...

XUVENIL B - AROSA, o sábado 8 de abril ás 12:30 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da liga Nacional: 1. Celta B, 69 puntos; 2. Xuvenil B, 63 puntos; 3. Racing Villalbés e Pontevedra, 52 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - AROSA, o sábado 8 de abril ás 11:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 82 puntos; 2. Cadete A, 72 puntos...

Clasificación da Liga Galega, Grupo 1º: 1. Cadete B (un partido máis) e Calasanz, 64 puntos; 3. Santiago de Compostela, 55 puntos...

Categoría infantil
CALASANZ - INFANTIL A, o domingo 9 de abril ás 12:00 no campo da Leyma (A Coruña)
Clasificación da Liga Galega, Grupo 1º: 1. Infantil A, 80 puntos; 2. Ural, 68 puntos...

INFANTIL B - BERGANTIÑOS B, o sábado 8 de abril ás 10:30 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da Primeira Autonómica, Grupo 1º: 1. Infantil B 75 puntos; 2. Imperátor e Oza Juvenil, 65 puntos...

Categoría alevín
Amigable, xogado o pasado luns: ALEVÍN A 6 (Domínguez -2-, Mella, Noah, Marco Baña e Monteagudo) - SELECCIÓN COMARCAL A CORUÑA 5
Clasificación do Trofeo Luis Calvo de fútbol once, Grupo 1º: 1. Alevín A, 27 puntos; 2. Ural A e Calasanz A, 21 puntos...

Amigable, xogado o pasado martes: ALEVÍN B 14 (Óscar -3-, Pablo -2-, Adrián -2-, Samuel, Estévez -2-, Iván, Carballo, Hugo e Luis) - CALASANZ A 3
LUIS CALVO D - ALEVÍN B, o sábado 8 de abril ás 11:15 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Segunda Fase, Grupo 1º: 1. Alevín B, 31 puntos; 2. Calasanz C, 28 puntos...

Categoría benxamín
BENXAMÍN A - LUÍS CALVO A, o sábado 8 de abril ás 12:00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A, 70 puntos; 2. Ural A, 65 puntos...

Clasificación final da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 64 puntos; 2. Ural C (un partido menos), 53 puntos; 3. Calasanz C, 49 puntos...