RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario de #ANOSACANTEIRA para o fin de semana, co partido do Xuvenil A en Riazor como centro de interese

Xuvenil B, Cadete A, Cadete B e Infantil A finalizan entre o venres 2 de xuño e o sábado 3, os seus respectivos campionatos ligueiros, despois de moitos meses de competición.

De todos eles, xógase o título o Cadete B, que recibe ao Dumbría este sábado 3 de maio ás 16:00 horas. Para ser campión necesita vencer e que o Calasanz non gañe na Coruña ao Racing de Ferrol B. Aos deportivistas poderíalles valer un empate se os colexiais, agora líderes, caesen derrotados ante o filial racinguista.

Para este partido, do mesmo xeito que para o do Infantil A, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 3 euros.

Pola súa banda, Xuvenil A e Deportivo Abanca B aspiran a remontar na Coruña os resultados adversos cultivados no seu partido de ida de cuartos de final copeiro.

O Xuvenil A recibe ao Sevilla en Riazor este domingo ás 12:00 coa ilusión de meterse en semifinais da Copa do Rei. Co 2-1 da ida, aos deportivistas valeríalles un 1-0 para superar ao seu rival. Os branquiazuis adestráronse onte no estadio, nunha toma de contacto co escenario do partido, ao que os socios entran de balde e os afeccionados pagan 3 euros.

Pola súa banda, o Deportivo Abanca B necesita remontar ante a Torre o 0-1 de Arteixo do pasado domingo para seguir adiante na Copa de Primeira División.

Nesta ocasión, teñen torneo amigable Infantil B (en Cerdeña), Alevín A (Barcelona), Alevín B (Calamocha, Teruel), Benxamín A (Düsseldorf, Alemaña) e Benxamín B (Carballo).

O calendario de partidos da xornada deste fin de semana, que arrinca hoxe venres co partido do Cadete A en Caranza, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa de Primeira División, cuartos de final, volta: TORRE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 4 de xuño ás 16:00 na Torre. Na ida: 1-0

Categoría xuvenil
Copa do Rei, cuartos de final, volta: XUVENIL A - SEVILLA, o domingo 4 de xuño ás 12:00 en Riazor. Na ida: 1-2

PORRIÑO - XUVENIL B, o sábado 3 de xuño ás 12:00 en O Lourambal
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 80 puntos; 2. Xuvenil B, 72 puntos; 3. Pontevedra, 64 puntos...

Amigable, xogado o xoves: XUVENIL B 0 - HASTINGS UNITED FC 0

Categoría cadete
GALICIA CARANZA - CADETE A, o venres 2 de xuño ás 18:30 no Municipal de Caranza
Clasificación da División de Honra: 1. Celta A, 94 puntos; 2. Cadete A, 82 puntos; 3. Victoria, 62 puntos...

CADETE B - DUMBRÍA, o sábado 3 de xuño ás 16:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz, 76 puntos; 2. Cadete B, 74 puntos; 3. Santiago de Compostela, 64 puntos...

Categoría infantil
INFANTIL A - DUMBRÍA, o sábado 3 de xuño ás 16:00 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A (xa campión), 95 puntos; 2. Ural, 76 puntos...

Categoría benxamín
Mini Teresa Herrera, eliminatoria previa, xogado o mércores: BENXAMÍN A 11 (Álex -3-, Jairo -2-, Dani -2-, Marcos, Bruno, Pablo Vázquez e Pablo Fernández) - SAN CRISTÓBAL 1