RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, co Infantil medalla de prata hoxe venres en Monteporreiro

O Infantil do Dépor participou hoxe venres na X edición do Torneo Apertura organizado polo Club Portero 2000 no campo de Monteporreiro (Pontevedra).

O conxunto de Miguel Figueira logrou a medalla de prata nun formato de competición de liga todos contra todos. Só foi superado na clasificación final polo RC Celta pero non polos puntos, senón pola diferencia de goles xeral. Deportivistas e célticos sumaron 7 puntos, con dúas vitorias e un empate (0-0) no partido que os enfrontaba entre si; pero os vigueses anotaron dous tantos máis que os coruñeses no torneo.

En canto ao resto de categorías, o Xuvenil B inicia este domingo 19 de setembro ás 9:30 no campo da Grela na Coruña ante o Ural Español CF B a defensa do seu título de campión da Liga Nacional.

Esta temporada, o formato de competición será de liga a dobre volta todos contra todos, cun total de 34 xornadas. Os dous primeiros ascenderán á División de Honra e os dous últimos perderán a categoría.

Ademais, a Fabril visita ao Noia CF (domingo ás 18:00 horas) e o Deportivo ABANCA B ao Versalles CF (mañá sábado ás 17:00 en Avilés); mentres que repite en Abegondo o Xuvenil A, pero mañá sábado ás 16:00 fronte ao CD Covadonga.

Kevin Cabado, técnico do Dépor ABANCA B, citou ás seguintes futbolistas para o seu partido en Asturias: Reigosa, Martina (cadete do Orzán SD), Aroa González, Andrea Ansede, Paula Novo, María Calvo, Antía Brage, Marta Rico, Paula Monteagudo, Laura Testa, Tati, Iria Otero, Marta Méndez, Noela, Elena López 'Cusi', Trillo, Aroa Guerra e Laura Otero (cadete do Orzán SD).

Finalmente teñen tamén test amigable mañá sábado o Cadete en Narón; e os dous equipos alevíns e os dous benxamíns do Club en Bertamiráns.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
2ª xornada: NOIA CF - FABRIL, o domingo 19 de setembro ás 18:00 no campo de San Lázaro (Noia)

Categoría feminina
Primeira Nacional, grupo 1º, 3ª xornada: VERSALLES CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 18 de setembro ás 17:00 no Campo de La Luz (Avilés)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: XUVENIL A - CD COVADONGA, o sábado 18 de setembro ás 16:00 en Abegondo

Liga Nacional, 1ª xornada: URAL ESPAÑOL CF B - XUVENIL B, o domingo 19 de setembro ás 9:30 na Grela

Categoría cadete
Amigable: SD O VAL - CADETE, o sábado 18 de setembro ás 12:00 no campo de Sinde

Categoría infantil
Amigable (xogado o pasado mércores): INFANTIL 10 (Janusz -2-, Rubén -2-, Marcos -2-, Mosquera, Diego, Lucas e Hugo) - VICTORIA CF A 0

X Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra)
Venres 17 de setembro
EF PORTERO 2000 0 - INFANTIL 3 (Xabi e Íker Casuso -2-)
AROSA SC 0 - INFANTIL 2 (Balbas e Íker Casuso)
INFANTIL 0 - RC CELTA 0

Categoría alevín
Amigable: BERTAMIRÁNS FC - ALEVÍN A, o sábado 18 de setembro ás 11:45 no Municipal de Bertamiráns (Ames)

Amigable: BERTAMIRÁNS FC B - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 18 de setembro ás 11:45 no Municipal de Bertamiráns (Ames)

Categoría benxamín
Amigable: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A, o sábado 18 de setembro ás 12:45 no Municipal de Bertamiráns (Ames)

Amigable: BERTAMIRÁNS FC B - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 18 de setembro ás 12:45 no Municipal de Bertamiráns