RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, con 5 esta fin de semana en Abegondo

Fin de semana de fútbol na Cidade Deportiva de Abegondo, cun partido o sábado ás 16:30 horas (Infantil A) e outros 4 o domingo 16 de setembro: Fabril (17:00 horas), Deportivo ABANCA B (12:00), Xuvenil A (19:00) e Infantil B (12:00)

O partido estrela é sen dúbida a visita da Ponferradina ao Fabril, o domingo 16 ás 17:00 horas. Os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 14 anos.

De momento, Tito Ramallo non pode contar nos adestramentos da semana con Álex Cobo, Javi Cobo e Víctor García, que se atopan concentrados co primeiro equipo en Los Ángeles de San Rafael.

Para os demais encontros en Abegondo, salvo para o do Infantil B, que é de acceso libre, os socios do Dépor pasan gratis. A entrada de público custa 3 euros.

No único encontro da xornada adiantado, o Cadete B superou (6-1) ao Milagrosa onte mércores en Abegondo.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda División B
4ª xornada: FABRIL - PONFERRADINA, o domingo 16 de setembro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: ... 12. CyD Leonesa, CF Internacional, Atlético de Madrid B, Unión Adarve e Guijuelo, 3 puntos; 17. Burgos CF e Salmantino, 2 puntos; 19. Fabril, 1 punto; 20. Rápido de Bouzas, 0 puntos

Categoría feminina
Primeira Autonómica, 2ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - UMIA CF, o domingo 16 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: XUVENIL A - URAL, o domingo 16 de setembro ás 19:00 en Abegondo

Liga Nacional, 2ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL - XUVENIL B, o sábado 15 de setembro ás 18:00 no Lourambal 2 (Porriño)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CORUXO - CADETE A, o sábado 15 de setembro ás 18:00 en Fragoselo (Vigo)

Liga Galega, grupo norte, 2º xornada, xogado onte mércores: CADETE B 6 (Mauro -2-, Trigo -3- e Nils) - MILAGROSA 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo norte, 2ª xornada: INFANTIL A - ATLÉTICO RIBEIRA, o sábado 15 de setembro ás 16:30 en Abegondo (campo 7)

Primeira Autonómica, grupo 1º, 3ª xornada: INFANTIL B - SPORTING CAMBRE, o domingo 16 de setembro ás 12:00 en Abegondo (campo 7)