RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, con triunfo hoxe do Infantil en Carballo

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA compiten esta fin de semana na Cidade Deportiva, ambos os casos o domingo 26 de setembro. O Fabril recibe ao Viveiro CF (17:00 horas) en Tercera RFEF despois dunha clara vitoria e un empate sen goles nas dúas xornadas anteriores; e o Xuvenil B ao ED Val Miñor Nigrán B (12:00 horas) na segunda cita na Liga Nacional.

Lonxe de Abegondo, o Xuvenil A, xa líder da División de Honra, visita o sábado (15:45) ao Real Avilés CF.

Non teñen partido oficial o resto de equipos aínda que todos eles si encaran diversos compromisos amigables: Deportivo ABANCA B (Memorial Moncho Rivera na Grela o sábado ás 16:30 fronte ao Victoria CF), Orzán SD Xuvenil Feminino (o sábado ás 16:30 en Carral), Cadete A (ante o ED Val Miñor Nigrán o domingo ás 12:15 no Monte), os dous equipos alevíns (cuadrangular o sábado en Abegondo co Atlético Coruña Montañeros CF e Ural Español CF) e os dous benxamíns (Torneo do CD Arcade o sábado no campo do Salgueirón, en Soutomaior).

O Infantil do Dépor, que está inmerso nunha nova semana de pretemporada cunha esixente dobre cita amigable ante rivais cadetes, é dicir, dunha categoría superior, abriu o calendario de partidos hoxe mércores 22 de setembro nas Eiroas (Carballo) ante o Bergantiños CF. Iker Casuso decidiu para os branquiazuis (0-1).

O sábado 25, o conxunto que dirixe Miguel Figueira visita á SD O Val no campo de Sinde de Narón a partir das 12:30 horas.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
3ª xornada: FABRIL - VIVEIRO CF, o domingo 26 de septiembre a las 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Barco, 6 puntos; 2. Fabril, Somozas, Villalbés e Juvenil de Ponteareas, 4 puntos; 6. Silva, Alondras e Noia, 3 puntos...

Categoría feminina
XXIII Memorial Moncho Rivera: VICTORIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 25 de setembro ás 16:30 na Grela (A Coruña)

Amigable: UD CARRAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o sábado 25 de setembro ás 18:30 horas no campo municipal Borja Rodríguez Ans (Carral)

Categoría xuvenil
4ª xornada: REAL AVILÉS CF - XUVENIL A, o sábado 25 de setembro ás 15:45 no Estadio Román Suárez Puerta (Avilés)
Clasificación da División de Honra, grupo 1º: 1. Xuvenil A e Atlético Perines, 7 puntos; 3. CD Marina Sport, CD Lugo e Real Avilés CF, 6 puntos...

Liga Nacional, 2ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR NIGRÁN B, o domingo 26 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Categoría cadete
Amigable: CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 26 de setembro ás 12:15 no campo do Monte (San Tirso)

Categoría infantil
Amigable (xogado hoxe mércores): BERGANTIÑOS CF (CADETE) 0 - INFANTIL 1 (Iker Casuso)
Amigable: SD O VAL (CADETE) - INFANTIL, o sábado 25 de setembro ás 12:30 no campo de Sinde (Narón)

Categoría alevín
Cuadrangular en Abegondo (campo de herba sintética)
Sábado 25 de setembro
11:00: ALEVÍN A - FABRIL FC ALEVÍN
11:30: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - ALEVÍN A
11:30: URAL ESPAÑOL CF - FABRIL FC ALEVÍN
12:00: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - FABRIL FC ALEVÍN
12:00: URAL ESPAÑOL CF - ALEVÍN A

Categoría benxamín
Torneo do CD Arcade, no campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 25 de setembro
Primeira Fase
10:30: BENXAMÍN A - RÁPIDO DE BOUZAS (campo 1)
11:30: CLUB PEÑASCO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
12:30: BERTAMIRÁNS FC - BENXAMÍN A (campo 1)
13:30: COLEGIO HOGAR - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
15:00: BENXAMÍN A - CASA PACO (campo 1)
16:00: CD LUGO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
Todos os equipos clasifícanse a oitavos de final, cuxos emparellamentos se decidirán segundo a clasificación da Primeira Fase e arrancarán ás 16:30 horas.