RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, con xornada ligueira a pesar da Semana Santa

A pandemia cambiou radicalmente o calendario do fútbol formativo. Normalmente, a maior parte de equipos de #ANOSACANTEIRA disputaban torneos amigables en Semana Santa ao longo de toda España e mesmo en Europa. O COVID-19 suspendeu as competicións de fútbol base desde marzo de 2020 até a semana pasada, cando retomou a actividade nun formato exprés con partidos ligueiros mesmo nestes días festivos.

Ese é o caso do Cadete A e Infantil A, con encontros oficiais o Sábado Santo, pertencentes á xornada 3ª na Cidade Deportiva. O Cadete B coincídelle xornada de descanso aínda que si xogou onte martes en Ribadeo na xornada intersemanal, con descanso esta vez para os dous primeiros equipos.

Pola súa banda, o Fabril inicia o domingo 4 de abril ás 12:00 en Abegondo a segunda parte da temporada. O CD Choco será o primeiro rival na segunda fase por unha das dúas prazas que darán dereito a disputar un play off final de ascenso á Segunda División RFEF contra o catro equipos do grupo de ascenso que non lograron acabar entre os dous primeiros. O formato de competición será de liga a dobre volta, no que o filial deportivista non se enfrontará cos outros dous equipos clasificados do seu mesmo subgrupo na primeira fase: Racing Villalbés e Silva SD; e si contra os outros tres do subgrupo B da primeira fase: CD Estradense, CD Choco e Rápido de Bouzas.

Sen partidos de preparación para alevíns e benxamíns pola festividade da Semana Santa, si disputou o Xuvenil A un amigable esta mesma tarde en Betanzos ante o conxunto local que milita na Rexional Preferente. Houbo empate (2-2) e minutos de xogo para todo o cadro deportivista.

O equipo de Óscar Gilsanz comezará o 11 de abril en Santander ante o CD Marina Sport a segunda fase por unha praza na Copa de Campións. Neste caso o formato de competición será de liga a unha soa volta contra o cinco primeiros equipos do subgrupo B (Sporting de Gijón, Club Bansander, Atlético Perines, Real Racing Club e o citado CD Mariña Sport). O primeiro clasificado e o mellor segundo do sete grupos xogarán a Copa de Campións.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
Grupo play off de ascenso, 1ª xornada: FABRIL - CD CHOCO, o domingo 4 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría xuvenil
Amigable (disputado hoxe mércores): BETANZOS CF (Rexional Preferente) 2 - XUVENIL A 2 (Do Carmo e Mella)

Categoría cadete
División de Honra, subgrupo D, 3ª xornada: CADETE A - VICTORIA CF, o sábado 3 de abril ás 12:00 en Abegondo (campo 3)

Liga Galega, subgrupo A norte, 2ª xornada (xogado onte martes): SD RIBADEO 0 - CADETE B 5 (José Rei -2-, Marco Baña, David Domínguez e Álex Delgado)

Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 3ª xornada: INFANTIL A - URAL CF, o sábado 3 de abril ás 10:30 en Abegondo (campo 5)