RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, cun partido, o do Infantil B en Abegondo, adiantado ao venres

A xornada da fin de semana en #ANOSACANTEIRA ábrea este venres 15 de novembro (19:30) o partido na Cidade Deportiva entre o Infantil B e o Sporting Cambre, correspondente á 11ª xornada no grupo 1º da Primeira Autonómica. Os deportivistas defenden unha semana máis o liderado do grupo en solitario.

En canto ao resto de partidos, o choque do Fabril ante o CD As Pontes e o do Xuvenil A fronte ao ED Val Miñor Nigrán, ambos o domingo 17 en Abegondo, son dous dos máis destacados.

Para o encontro do filial deportivista, que arrancará ás 18:30 no campo principal, nada máis concluír o choque do Dépor ABANCA na Primera Iberdrola, os socios teñen libre acceso. As entradas de público custan 10 euros; e 5 euros os menores de 15 anos.

Para o domingo queda ademais a visita do Deportivo ABANCA B ao Umia CF (18:00 horas) e o partido do Cadete B ante o Imperator OAR (11:00) na Cidade Deportiva.

O sábado 16 xogan o resto de equipos, ademais dos alevíns e benjamines na Torre: Xuvenil B en Ourense (16:00 en Oira); Cadete A en A Coruña (12:15 na Leyma); e Infantil A en Abegondo (10:30).

O calendario de partidos é o seguinte:

Terceira División
13ª xornada: FABRIL - CD AS PONTES, o domingo 17 de novembro ás 18:30 en Abegondo
Clasificación: ... 2. SD Compostela, 28 puntos; 3. CD Barco, 25 puntos; 4. Fabril, 24 puntos; 5. Arosa SC, 22 puntos; 6. CD Choco, 21 puntos...

Categoría feminina
10ª xornada: UMIA CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 17 de novembro ás 18:00 no campo da Bouza en Barrantes (Ribadumia)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 24 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 18 puntos; 4. Victoria FC e Sárdoma CF, 14 puntos...

Categoría xuvenil
11ª xornada: XUVENIL A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o domingo 17 de novembro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 24 puntos; 3. Real Oviedo, 21 puntos; 4. Xuvenil A, 20 puntos; 5. Bansander e Real Racing Club, 17 puntos...

11ª xornada: UD OURENSE - XUVENIL B, o sábado 16 de novembro ás 16:00 no Municipal de Oira (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: ... 2. CD Choco, 22 puntos; 3. Rápido de Bouzas, 20 puntos; 4. Xuvenil B e Alondras CF, 19 puntos; 6. CD Areosa, Pontevedra CF e Pabellón Ourense CF, 17 puntos; 9. Ourense CF, 16 puntos...

Categoría cadete
11ª xornada: VICTORIA CF - CADETE A, o sábado 16 de novembro ás 12:15 na Leyma (A Coruña)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 30 puntos; 2. RC Celta, 27 puntos; 3. San Tirso SD e Ural CF, 20 puntos...

11ª xornada: CADETE B - IMPERÁTOR OAR, o domingo 17 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 28 puntos; 2. SD Compostela, 25 puntos; 3. EFM Concello de Boiro, 20 puntos...

Categoría infantil
11ª xornada: INFANTIL A - ED XUVENTUDE DE OROSO, o sábado 16 de novembro ás 10:30 en Abegondo
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Infantil A, 30 puntos; 2. Bertamiráns FC, 27 puntos; 3. CD Conxo Santiago, 22 puntos...

11ª xornada: INFANTIL B - SPORTING CAMBRE, o venres 15 de novembro ás 19:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 30 puntos; 2. Ural CF B, 28 puntos; 3. CD Calasanz B, Betanzos CF e Atlético Coruña Montañeros CF B, 21 puntos...

Categoría alevín
Promoción á Liga Comarcal, cuartos de final: ALEVÍN A - ORILLAMAR SD A, o sábado 16 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 2.1)

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, volta: CD CALASANZ F - ALEVÍN B, o sábado 16 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 2.2). Na ida: 1-9

Categoría benxamín
Promoción á Liga Comarcal, cuartos de final: BENXAMÍN A - OZA JUVENIL SD, o sábado 16 de novembro ás 9:30 na Torre (campo 1.1)

Eliminatoria de clasificación, oitavos de final, volta: CD CALASANZ E - BENXAMÍN B, o sábado 16 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 1.2). Na ida: 1-12