RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calendario de partidos nunha mini xornada en #ANOSACANTEIRA

Co Fabril xa de vacacións, esta fin de semana haberá unha mini xornada de partidos en #ANOSACANTEIRA.

Ademais dos tres equipos alevíns, só compiten o Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:00 en Abegondo ante o CDE Racing Féminas), Cadete B (domingo ás 12:00 en Viveiro), Infantil B (sábado ás 12:00 en Elviña pequeno) e Xuvenil B.

Precisamente do equipo que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher, o Xuíz Único de Competición fixou as datas dos dous partidos que foron aprazados no seu día no grupo C de ascenso da Liga Nacional.

Así, o encontro da 3ª xornada en Abegondo entre o Xuvenil B e o CD Areosa do pasado 1 de maio xogarase este sábado 15 de maio ás 12:00 horas.

E o partido en Vigo ante o Coruxo FC, correspondente á 4ª xornada disputada o pasado 8 de maio, terá lugar o mércores 19 de maio ás 20:00 no campo de Fragoselo (Vigo).

A última xornada do grupo disputarase o domingo 23 de maio ás 12:00, en horario unificado para todos os partidos con incidencia na clasificación. Nesta xornada, o Xuvenil B recibirá na Cidade Deportiva ao RC Celta B.

Teñen parón ligueiro o Cadete A (División de Honra), Cadete B (Liga Galega), Infantil A (Liga Galega), Benxamín A (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A) e Fabril FC Benxamín (Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo C).

Finalmente, o partido do Xuvenil A en Abegondo ante o Real Racing Club de Santander, previsto para esta fin de semana e correspondente á 4ª xornada da División de Honra, segunda fase grupo 1C, foi aprazado por COVID-19 no vestiario deportivista.

Agora, será o Xuíz de Competición o que estableza unha nova data "o máis próxima posible no tempo, que se determinará axiña que como se acrediten as circunstancias que permitan a disputa do mesmo".

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - CDE RACING FÉMINAS, o domingo 16 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, segunda fase, grupo 1C: 1. Viajes InterRías FF, 44 puntos; 2. Victoria CF, 42 puntos; 3. Oviedo Moderno CF B, 41 puntos; 4. Gijón FF, 37 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 34 puntos; 6. CDE Racing Féminas, 29 puntos...

Categoría xuvenil
4ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, aprazado
Clasificación da División de Honra, segunda fase, grupo 1C: 1. Xuvenil A, 50 puntos; 2. RC Celta, 47 puntos; 3. Real Racing Club, 45 puntos; 4. Sporting de Gijón, 43 puntos...

3ª xornada: XUVENIL B - CD AREOSA, o sábado 15 de maio ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional, segunda fase, grupo C de ascenso: 1. RC Celta B, 58 puntos; 2. Xuvenil B (dous partidos menos), 55 puntos; 3. SD Compostela, 49 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra, subgrupo D: 1. Cadete A (un partido menos), 18 puntos; 2. Ural Español CF (un partido menos), 12 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 7 puntos...

9ª xornada: VIVEIRO CF - CADETE B, o domingo 16 de maio ás 12:00 nos Municipal Marcos Gómez (Viveiro)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A norte: 1. Viveiro CF, 18 puntos; 2. CD Lugo B e Cadete B (un partido menos), 13 puntos; 4. SCD Milagrosa (un partido menos), 3 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil A (un partido menos), 16 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 13 puntos; 3. Atlético Coruña Montañeros CF A, 9 puntos...

6ª xornada: SPORTING CORUÑÉS SD A - INFANTIL B, o sábado 15 de maio ás 12:00 en Elviña pequeno (A Coruña)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña, grupo A: 1. Infantil B, 12 puntos; 2. Oza Juvenil SD A, 9 puntos; 3. Ural Español CF B, 6 puntos...

Categoría alevín
6ª xornada: VICTORIA CF B - ALEVÍN, o sábado 15 de maio ás 19:30 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol once, grupo A: 1. Alevín, 12 puntos; 2. CD Calasanz A, 9 puntos; 3. Imperátor OAR A e Victoria CF B (un partido menos), 3 puntos...

4ª xornada: ALEVÍN A - CF DEPORTIVO ORZÁN A, o domingo 16 de maio ás 9:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo A: 1. Alevín A e Ural Español CF A, 7 puntos; 3. CF Deportivo Orzán A, 3 puntos...

4ª xornada: IMPERÁTOR OAR C - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 15 de maio ás 12:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo B: 1. Fabril FC (un partido menos) e Imperátor OAR A (un partido menos), 6 puntos; 3. Orillamar SD A, 3 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primeira Autonómica A Coruña de fútbol oito, grupo A: 1. Benxamín A, 12 puntos; 2. Ural Español CF A, 9 puntos; 3. Victoria CF C, 6 puntos...

Clasificación da Primeira Autonómica de fútbol oito, grupo C: 1. Fabril FC Benxamín, 12 puntos; 2. CD Calasanz A, 9 puntos; 3. Orillamar SD A, 6 puntos.