RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA 24, 25 e 26 de marzo

O partido do Trofeo Luís Calvo de fútbol once entre o Ural A e o Alevín A, ambos os empatados a 21 puntos á fronte do grupo norte, é un dos partidos máis destacados en #ANOSACANTEIRA este fin de semana. O encontro está fixado para o domingo 26 ás 12:30 en Elviña (pequeno).

Hoxe sábado, o Benxamín B proclamouse, a falta dunha xornada, matematicamente campión da Segunda Comarcal A Coruña. É o terceiro título esta temporada para a canteira deportivista, tras os logrados polo Alevín A (campéon da Primeira Comarcal A Coruña) e do Alevín B (campión da Segunda Comarcal A Coruña).

En Terceira División, o Fabril recibe en Abegondo ao Barbadás mañá domingo 26 de marzo ás 12:00.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros, 3 para os menores de 16 anos.

O líder da categoría aspira a manter o seu colchón de puntos nesta recta final da competición.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a todos os xogadores. Son baixa por lesión Blas, Jardel e Carlos López.

Xogaron tamén na cidade deportiva hoxe sábado 25 o Xuvenil B (2-0 ao Conxo) e o Cadete A (3-0 ao Areosa).

A xornada arrincou onte venres 24 de marzo co partido da Primeira División Autonómica entre o Infantil B e o Calasanz B. Gañou o conxunto deportivista (4-2), tras remontar un temperán gol visitante ao minuto de xogo.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - BARBADÁS, o domingo 26 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: O VAL - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 26 de marzo ás 12:00 no campo de O Sinde (O Val)

Categoría xuvenil
División de Honra: AREOSA 0 - XUVENIL A 3 (Gandoy, Pedro e Porrúa)

Liga Nacional: XUVENIL B 2 (Antón e Kilian) - CONXO 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 3 (Litos -2- e Raúl) - AREOSA 0

Liga Galega, grupo 1º: EF LALÍN 1 - CADETE B 2 (Portas e Docarmo)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: EF LALÍN 0 - INFANTIL A 15 (Axel -3-, Novoa -3-, Noel -4-, Nils -2-, Álvaro, Mauro e Padín)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 4 (Hugo Baldomar -2-, Iván e Monteagudo) - CALASANZ B 2

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo de fútbol once: URAL A - ALEVÍN A, o domingo 26 de marzo ás 12:30 en Elviña (pequeno)

Segunda Fase alevín, grupo 1º: URAL C - ALEVÍN B, o domingo 26 de marzo ás 10:00 en A Torre

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 12 (Pablo Fernández -4-, Álex -3-, Eli -2-, Bruno, David e Erick) - RAYO SADENSE A 0

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 12 (Íker -2-, Eder -3-, Raúl, Yago, Diego, Anxo -2- e Nico -2-) - ONCE CABALLEROS B 0