RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Resultados de #ANOSACANTEIRA 7 e 8 de xaneiro de 2017

A canteira deportivista arrancou a competición oficial en 2017, con partidos ligueiros para Fabril, Deportivo Abanca B, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A, Cadete B, Infantil A, Infantil B, Alevín A e Benxamín A.

Non tiveron competición este fin de semana o Alevín B, que acabou a liga na Segunda Comarcal A Coruña; e o Benxamín B, que retoma a Segunda Comarcal A Coruña o sábado 14 de xaneiro.

O Fabril liquidou pola vía rápida un complicado partido ante o Compostela, en San Lázaro, con dous goles nos primeiros catro minutos (0-2). Foi sen dúbida o partido máis destacado do fin de semana.

Nesta ocasión xogaron (e gañaron) en Abegondo o Xuvenil A (hoxe domingo), Xuvenil B, Cadete A e Infantil B (os tres onte sábado); e caeu inxustamente o Deportivo Abanca B en Arteixo (0-1).

Finalmente, o Alevín A impúxose ao Obrero A (2-5) no partido de ida de cuartos de final da Segunda Fase da Primeira Comarcal.

Os resultados deste primeiro fin de semana ligueiro en 2017 foron os seguintes:

Terceira División
COMPOSTELA 0 - FABRIL 2 (Blas e Lucas)

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B 0 - MILAGROSA 1

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 7 (Manu Mosquera -4-, Gandoy, Pedro e Porrua) - BANSANDER 3
Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Muri, Rojo -2- e Rivera) - PORRIÑO INDUSTRIAL 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Pichu e Julián) - GALICIA CARANZA 0
Liga Galega, grupo 1º: DUMBRÍA 1 - CADETE B 2 (Pol e Martínez)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: DUMBRÍA 0 - INFANTIL A 14 (Álvaro, Jorge -4-, Jairo, Noel -2-, Mauro, Axel -3-, Antón e Padín)
Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 7 (Álex, Trigo, Quique, Xosé, Baldomar, Dani e Álvaro) - ORILLAMAR 0

Categoría alevín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, cuartos de final, ida: OBRERO A 2 - ALEVÍN A 5 (Domínguez -3-, Noah e Diego)

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: VICTORIA A 0 - BENXAMÍN A 8 (Marcos -3-, Bruno, Jairo, Erick, Montes e Pablo Fernández)