RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 1 e 2 de abril

O Fabril volve xogar en Abegondo. Con 8 puntos de marxe sobre o segundo clasificado, o Rápido de Bouzas, o filial deportivista recibe ao Racing Villalbés, outro conxunto da zona alta que pelexa por un dos catro postos do playoff de ascenso. O encontro está fixado para o domingo 2 de abril ás 12:00.

Cristóbal Parralo citou a todo o seu cadro. Son baixa Edu, convocado co primeiro equipo; Carlos López, 'tocado', e Borja Galán, lesionado e ademais sancionado por acumulación de cartóns. O técnico fabrilista recupera a Jardel e a Blas, xa recuperados das súas lesións.

Xogaron e gañaron hoxe sábado na cidade deportiva o Xuvenil A (4-2 ao Val Miñor Nigrán), que pelexa polo segundo posto da División de Honra; o Cadete B (6-0 ao Boiro), en loita polo título do Grupo 1º da Liga Galega; o Infantil A (5-0 ao Bertamiráns), líder sólido da Liga Galega; e o Alevín A (12-0), primeiro do seu grupo do Trofeo Luis Calvo de fútbol once.

Nun sábado pleno de vitorias, Xuvenil B (0-1) e Cadete A (2-6) non se deixaron sorprender na súa visita ao Ourense.

Para mañá domingo 2 de abril (16:00), ademais do Fabril, queda o encontro do Deportivo Abanca B en Arteixo ante o Torre (16:00 horas). As deportivistas acaban de sumar 6 puntos na última semana: 3 puntos polo seu triunfo ante O Val e outros 3 puntos pola decisión do Comité de Competición de dar gañado ao Deportivo Abanca B por 3-0 o seu encontro do pasado 19 de marzo ante o San Miguel, conxunto que non se presentou a xogar.

Esta fin de semana acabou a liga o Benxamín B, que logrou o título de campión da Segunda Comarcal A Coruña (Grupo 1º) o pasado sábado. É o terceiro título esta temporada para a canteira deportivista, tras os logrados polo Alevín A (campéon da Primeira Comarcal A Coruña) e do Alevín B (campión da Segunda Comarcal A Coruña).

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - RACING VILLALBÉS, o domingo 2 de abril ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B - TORRE, o domingo 2 de abril ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 4 (Gandoy, Pedro, Ortuño e Mosquera) - VAL MIÑOR NIGRÁN 2

Liga Nacional: OURENSE 0 - XUVENIL B 1 (Rojo)

Categoría cadete
División de Honra: OURENSE 2 - CADETE A 6 (Pichu -3-, Pedro, Julián e Borja)

Liga Galega, Grupo 1º: CADETE B 6 (Axel -2-, Pol, Rares -2- e Álex M.) - BOIRO 0

Categoría infantil
Liga Galega, Grupo 1º: INFANTIL A 5 (Noel -2-, Jairo, Novoa e Álvaro) - BERTAMIRÁNS 0

Amigable de fútbol oito, xogado o pasado martes: INFANTIL B 4 (Álvaro -2-, Quique e Sergio) - SELECCIÓN GALEGA SUB-12 1
Primeira Autonómica, Grupo 1º: PAIOSACO H. AÑÓN 0 - INFANTIL B 8 (Hugo Baldomar -3-, Dani -2-, Quique, Marco Baña e Roque)

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once: ALEVÍN A 12 (Noah, Diego, Javi -4-, Meki, Domínguez -2-, Yago, Pablo e Carballo) - IMPERÁTOR A 0

Segunda Fase, Grupo 1º: ALEVÍN B 11 (Óscar -6-, Samuel, Lucas, Luis, Iván e Álvaro) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 0

Categoría benjamín
Primeira Comarcal A Coruña: IMPERÁTOR A 1 - BENJAMÍN A 4 (Álex, Eli e Jairo -2-)

Segunda Comarcal A Coruña: URAL C 0 - BENJAMÍN B 5 (Santi -2-, Xabi, Diego e Anxo)