RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 10, 11 e 12 de marzo

A visita mañá domingo ás 12:00 do Cerceda, terceiro clasificado, ao Fabril, líder da Terceira División, é o partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou para este partido a todo o seu cadro. A única baixa é Jardel, lesionado.

En Abegondo xogaron, e gañaron, hoxe sábado 11 pola tarde o Xuvenil B (4-0) e o Cadete A (2-0); e o Infantil B pola mañá (6-1).

En canto ao resto de categorías, sobresae mañá domingo a visita do Infantil A, líder da Liga Galega, ao Ural A, segundo clasificado (campo da Leyma); e a do Alevín A as Escolas Luis Calvo A, ambos os colíderes do grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once (nas Eiroas, Carballo).

A xornada arrancou onte venres co triunfo (5-1) do Benjamín B sobre o Obreiro B, na Segunda Comarcal A Coruña. Os deportivistas dan un paso máis cara ao título ligueiro no grupo.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - CERCEDA, o domingo 12 de marzo ás 12:00 en Abegondo

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: UD OURENSE - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 12 de marzo ás 12:00 en Campo da Aira (Velle)

Categoría xuvenil
División de Honra: ALONDRAS 0 - XUVENIL A 3 (Aarón -2- e un futbolista rival en propia meta)

Liga Nacional: XUVENIL B 4 (Kilian, Antón, Loren e Íñigo) - CORUXO 0

Categoría cadete
División de Honra: CADETE A 2 (Julián e Mosquera) - CORUXO 0

Liga Galega, grupo 1º: URAL B 1 - CADETE B 1 (Concheiro)

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: URAL - INFANTIL A, o domingo 12 de marzo ás 10:00 no campo da Leyma (A Coruña)

Primeira Autonómica, grupo 1º: INFANTIL B 6 (Iván, Dani, Roque, Hugo Baldomar, Mella e Álex) - MARABILLAS A 1

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once: ESCOLAS LUIS CALVO A - ALEVÍN A, o domingo 12 de marzo ás 12:00 nas Eiroas (Carballo)

Segunda Fase, grupo 1º: SPORTING CORUÑÉS B - ALEVÍN B, o domingo 12 de marzo ás 10:00 na Torre 2

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: BENXAMÍN A 8 (Álex -2-, Eli -2-, Pablo Vázquez, Bruno, Jairo e Dani) - BETANZOS 1

Segunda Comarcal A Coruña: BENXAMÍN B 5 (Iago, Eder, Anxo, Mosquera e Xabi) - OBREIRO B 1