RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 13 e 14 de maio

Interesante fin de semana para #ANOSACANTEIRA, con dobre derbi (en Liga Nacional Xuvenil e División de Honra Cadete) ante o Celta en Vigo, hoxe sábado 13 de maio. En ambos houbo derrota ante un Celta que lidera as dúas categorías.

En Abegondo o Fabril, xa campión, acaba mañá domingo 14 de maio a liga (18:00 horas) ante un Dubra descendido, e queda á espera do sorteo da eliminatoria definitiva de ascenso a Segunda División B, que terá lugar o luns 15 de maio pola tarde na Federación Española de Fútbol. O seu rival será o campión doutro grupo de Terceira División.

Como é habitual, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 10 euros; e 3 euros para os menores de 16 anos.

Cristóbal Parralo citou como cada partido en casa a todo o seu cadro. Queijeiro, por lesión, é a única baixa.

Pola mañá, ás 12:00, tamén no campo 1, o Xuvenil A mídese ao Osasuna no partido de ida de oitavos de final da Copa do Rei. A volta será o domingo 21 de maio en Pamplona.

Para este encontro, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Tamén xogaron en Abegondo hoxe sábado o Cadete B (2-0), que depende de si mesmo para ser campión do grupo norte da Liga Galega; e o Infantil A, xa co título ligueiro amarrado (6-0).

Finalizaron a competición ligueira o Deportivo Abanca B, Infantil B e Benxamín A. Alevín A, Alevín B e Benxamín B teñen torneos amigables en Vilagarcía, Osnabrück (Alemaña) e Camariñas respectivamente. Por este motivo, o encontro ligueiro do Alevín B pertencente ao grupo 1º da Segunda Fase xogarase o mércores 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Tamén mañá domingo, o Benxamín B acaba a Primeira Fase, en formato de liga, da Copa AFAC. O seguinte paso será a final do torneo.

O calendario de partidos do fin de semana, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
FABRIL - DUBRA, o domingo 14 de maio ás 18:00 horas en Abegondo

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, ida: XUVENIL A - OSASUNA, o domingo 14 de maio ás 12:00 en Abegondo (campo 1)

Liga Nacional: CELTA B 2 - XUVENIL B 0

Categoría cadete
División de Honra: CELTA A 3 - CADETE A 0

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 2 (Pol e Rares) - XUVENTUDE DE OROSO 0

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 6 (Jairo, Hugo Baldomar, Padín, Dani, Teijo e Adrián Lombao) - SAN TIRSO 0

Categoría alevín
Segunda Fase, grupo 1º: IMPERÁTOR C - ALEVÍN B, o mércores 17 de maio ás 11:00 na Torre

Categoría benxamín
Copa AFAC, xogado o pasado martes, cuarta xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 1 - BENXAMÍN B 6 (Diego -3-, Anxo, Eder e Pablo)
Copa AFAC quinta e última xornada, BENXAMÍN B - IMPERÁTOR C, o domingo 14 de maio ás 10:00 na Torre