RCD / NOVAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 17, 18 e 19 de febreiro

17/02/2017 21:13

A xornada do fin de semana en #ANOSACANTEIRA arrancou hoxe venres 17 de febreiro, coa vitoria do Infantil B, cada vez máis cerca do título ligueiro no grupo primeiro da Primeira División Autonómica, sobre o Sporting Coruñés (2-1).

A visita do Xuvenil A o domingo ao líder da División de Honra, o Sporting de Gijón, será o partido estrela. O cadro deportivista, terceiro, ten unha grande oportunidade de se achegar ao grupo de cabeza. No equipo deportivista estará Mujaid, despois de xogar onte xoves o seu segundo partido amigable coa Selección Española Sub-17 ante Croacia. O triunfo foi para os españois (0-1). O defensor xuvenil saltou ao céspede tras o descanso. O pasado martes, Mujaid, tamén ante Croacia, disputou os noventa minutos no primeiro amigable de ambas as seleccións, que finalizou con triunfo croata (2-1).

En Terceira División, o Fabril visita tamén o domingo 19 de febreiro o Villalonga. Os fabrilistas teñen a tiro o liderado, posto que o Rápido de Bouzas, líder, está a só 2 puntos.

Xogan en Abegondo mañá sábado o Xuvenil B (Liga Nacional) e Cadete A (División de Honra), ambos ante os respectivos equipos do Choco. Para estes dous partidos, os socios deportivistas teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público, a entrada sénior custa 3 euros.

Compiten nesta ocasión como visitantes o Cadete B (en Burela); e Infantil A e Alevín A (na Cheda - Lugo).

Esta fin de semana descansa o Deportivo Abanca B, debido a que lle tocaba enfrentarse ao Bértola Feminino, retirado da competición.

O calendario de partidos, co resultado de hoxe venres, é o seguinte:

Terceira División
VILALONGA - FABRIL, o domingo 19 de febreiro ás 17:00 no campo de San Pedro (Vilalonga)
Clasificación: 1. Rápido de Bouzas, 50 puntos; 2. Racing Villalbés, 49 puntos; 3. Fabril, 48 puntos; 4. Cerceda, 46 puntos; 5. Arosa, 43 puntos...

Categoría feminina
Clasificación da Primeira División Autonómica: ... 9. Milagrosa, 25 puntos; 10. Deportivo Abanca B, 22 puntos; 11. Arcadia, 16 puntos...

Categoría xuvenil
SPORTING DE GIJÓN - XUVENIL A, o domingo 19 de febreiro ás 16:30 en Mareo
Clasificación da División de Honra: 1. Sporting de Gijón e Celta, 53 puntos; 3. Xuvenil A, 46 puntos; 4. Oviedo, 44 puntos; 5. Lugo, 43 puntos...

XUVENIL B - CHOCO, o sábado 18 de febreiro ás 12:15 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Celta B, 55 puntos; 2. Xuvenil B, 48 puntos; 3. Racing de Ferrol, 42 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - CHOCO, o sábado 18 de febreiro ás 11:30 en Abegondo (campo 6)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta (un partido máis), 64 puntos; 2. Cadete A, 54 puntos; 3. Victoria, 44 puntos...

SD PORTO BURELA - CADETE B, o domingo 19 de febreiro ás 12:00 no Anexo da Maroxa (Burela)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Calasanz (un partido menos), 51 puntos; 2. Cadete B, 48 puntos; 3. Santiago de Compostela, 44 puntos...

Categoría infantil
RESIDENCIA A - INFANTIL A, o domingo 19 de febreiro ás 18:00 na Cheda (Lugo)
Clasificación da Liga Galega, grupo 1º: 1. Infantil A, 62 puntos; 2. Ural (un partido menos), 58 puntos...

INFANTIL B 2 (Xosé e Quique) - SPORTING CORUÑÉS 1
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B (un partido máis), 63 puntos; 2. Oza Juvenil, 49 puntos; 3. Imperátor (dous partidos menos), 47 puntos...

Categoría alevín
RESIDENCIA - ALEVÍN A, o domingo 19 de febreiro ás 16:30 na Cheda (Lugo)
Clasificación do Trofeo Luis Calvo de fútbol once, grupo norte: 1. Ural e Alevín A, 9 puntos; 3. Luis Calvo A (un partido menos), Calasanz A (un partido menos) e San Tirso A, 6 puntos...

CALASANZ C - ALEVÍN B, o domingo 19 de febreiro ás 11:00 na Torre
Clasificación da Segunda Fase, grupo 1º: 1. Ural C (un partido máis), 13 puntos; 2. Calasanz C, 12 puntos; 3. Alevín B, 10 puntos; 4. Imperátor, 7 puntos...

Categoría benxamín
ÓRDENES - BENXAMÍN A, o sábado 18 de febreiro ás 11:00 no Anexo de Vista Alegre (Ordes)
Clasificación da Primeira Comarcal A Coruña: 1. Benxamín A (un partido menos), 54 puntos; 2. Olímpico A, 47 puntos...

BENXAMÍN B - IMPERÁTOR C, o sábado 18 de febreiro ás 13:00 na Torre
Clasificación da Segunda Comarcal A Coruña: 1. Benxamín B, 43 puntos; 2. Ural C, 38 puntos...