RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 17, 18 e 19 de marzo

O partido da Liga Galega de hoxe sábado en Abegondo entre o Cadete B, segundo clasificado, e o Calasanz, líder, é o partido máis destacado da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Os deportivistas non fallaron, gañaron (4-1) e aférranse á loita polo campionato.

A xornada arrancou onte venres, co triunfo (5-0) do Infantil A sobre o Galicia de Caranza en partido do Grupo 1º da Liga Galega. Os deportivistas achéganse así ao título ligueiro.

En Terceira División, o Fabril visita Negreira mañá domingo 19 de marzo ás 16:30. Os fabrilistas, que atravesan quizais o mellor momento da temporada, aspiran a manter a súa distancia á fronte da clasificación respecto do seu inmediato perseguidor, o Rápido de Bouzas.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes xogadores: Naveira, Quique Fornos, Álex Cobo, Anxo, Arnau, Monsalve, Queijeiro, Lucas, Carlos López, Manu Molina, Edu, Borja Galán, Álex Corredera, Jorge Carreón, Borja Domingo e Óscar.

Tamén xogan mañá domingo o Deportivo Abanca B (en Arteixo), o Cadete A (en Pontevedra) e o Infantil B (no campo coruñés da Leyma).

No resto de categorías, xogaron en Abegondo esta fin de semana o Xuvenil A (1-0) e Alevín A (10-0).

O partido do Benxamín A en Paiosaco, a petición do club local, pásase ao martes 21 de marzo ás 19:00 horas.

O calendario, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
NEGREIRA - FABRIL, o domingo 19 de marzo ás 16:30 no campo Jesús García Calvo de Negreira

Categoría feminina
Primeira Autonómica: DEPORTIVO ABANCA B - SAN MIGUEL, o domingo 19 de marzo ás 15:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
División de Honra: XUVENIL A 1 (Adrián) - AVILÉS 0

Liga Nacional: CALASANCIO 0 - XUVENIL B 2 (Rojo -2-)

Categoría cadete
División de Honra: BORA - CADETE A, o domingo 19 de marzo ás 12:00 en Monteporreiro (Pontevedra)

Liga Galega, grupo 1º: CADETE B 4 (Docarmo -2-, Mario e Concheiro) - CALASANZ 1

Categoría infantil
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 5 (Noel -3- e Novoa -2-) - GALICIA CARANZA 0

Primeira Autonómica, grupo 1º: OZA JUVENIL - INFANTIL B, o domingo 19 de marzo ás 10:00 na Leyma

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once, grupo 1º: ALEVÍN A 10 (Yago -3-, Diego -2-, Noah, Javi, Domínguez, Sierra e Meki) - EF RACING DE FERROL 0

Segunda Fase, grupo 1º: ALEVÍN B 9 (Pablo -3-, Óscar -2-, Samuel -2-, Luis e Carballo) - XESUITINAS 0

Categoría benxamín
Primeira Comarcal A Coruña: PAIOSACO H. AÑÓN - BENXAMÍN A, o martes 21 de marzo ás 19:00 na Porta Santa (Paiosaco)

Segunda Comarcal A Coruña: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS C 3 - BENXAMÍN B 4 (Diego, Pablo, Anxo e Íker)