RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Calendario e resultados de #ANOSACANTEIRA do 22 e 23 de abril

Fin de semana reducida para #ANOSACANTEIRA, con varios equipos sen partidos oficiais.

Ten competición oficial o Fabril, que visita mañá domingo 23 de abril ao Alondras (12:00 horas) nun partido que pode ser definitivo cara amarrar a primeira posición da Terceira División.

Cristóbal Parralo, técnico fabrilista, citou a estes futbolistas: Anxo, Álex Cobo, Blas, Naveira, Quique Fornos, Lucas, Arnau, Carlos López, Queijeiro, Borja Galán, Álex Corredera, Ángel, Borja Domingo, Jardel, Jorge Carreón e Óscar.

Tamén xoga liga mañá domingo o Deportivo Abanca B (en Aguiño); e hoxe sábado gañaron o Infantil B (1-2), Alevín A (7-0) e Alevín B (5-0).

Descansan esta fin de semana o Xuvenil A, á espera de arrancar a Copa do Rei ante Osasuna; Xuvenil B; Cadete A; Cadete B, que participou nun torneo en Nantes (Francia); Infantil A; e Benxamín A, nun torneo en Stuttgart (Alemaña).

O Benxamín B disputou a segunda xornada do Trofeo AFAC, que arrancou o pasado 8 de abril. Esta Primeira Fase será baixo o formato de liga a unha soa volta. Os dous primeiros equipos clasifícanse para a seguinte fase.

O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:

Terceira División
ALONDRAS - FABRIL, o domingo 23 de abril ás 12:00 no campo do Morrazo

Categoría feminina
Primeira División Autonómica: XUVENTÚ AGUIÑO - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 23 de abril ás 12:30 no campo da Tasca (Aguiño)

Categoría infantil
Primeira Autonómica, grupo 1º: URAL B 1 - INFANTIL B 2 (Roque e Hugo Baldomar)

Categoría alevín
Trofeo Luis Calvo de fútbol once, grupo 1º: ALEVÍN A 7 (Domínguez -3-, Mella, Estévez -2- e Diego) - CALASANZ A 0

Segunda Fase, grupo 1º: ALEVÍN B 5 (Pablo Seco -3-, Óscar e Adrián Guerrero) - OBRADOIRO 0

Categoria benxamín
Primeira Comarcal A Coruña, xogado o pasado luns: ATLÉTICO ARTEIXO A 1 - BENXAMÍN A 7 (Bruno -2-, Montes, Álex, David, Jairo e Eli)

Trofeo AFAC, segunda xornada: VICTORIA C 0 - BENXAMÍN B 9 (Diego -3-, Anxo -2-, Xabi, Nico e Eder -2-)